18 de decembro de 2015

Xornadas Lúdicas de Nadal 2016


CALENDARIO DAS XORNADAS LÚDICAS

Venres
18 de nadal
20,30: Ultimo Torneo de Xadrez dos Venres no CUR.
22,00: Aprendendo a xogar ao mus no CUR.

Sábado
19 de nadal
17,00: Torneo FischerRandom no CUR.
20,30: Torneo de Bateo coa WII no CUR.
21,30: 1ª xornada circuíto cartas no CUR.

Domingo
20 de nadal
17,00: Torneo de Navidad de Xadrez no Casino.
21,00: 2ª xornada circuíto cartas no CUR.

Luns
21 de nadal
17,30: na Domus montando impresora 3D.
21,00: 3ª xornada circuíto cartas no CUR.

Martes
22 de Nadal
17,30: Torneo de Domino (1ª Xornada).

Mércores
23 de nadal
16,30: Xornada de Xogos de Estratexia (1º Día).

Xoves
24 de nadal
NOITEBOA

Venres
25 de nadal
NADAL

Sábado
26 de nadal
Expedición a Betanzos para ver Pasatempo e demais.
Torneo de Xadrez de Navidad en Betanzos.

Domingo
27 de nadal
19,00 Torneo de Rápidas de Ludo no CUR.
21,00: I Torneo de Rápidas Online.

Luns
28 de nadal
17,00: TORNEO DE TUTE PALAESTRA.

Martes
29 de nadal
17,30: Torneo de Dominó (2ª Xornada).

Mércores
30 de nadal
16,30: Xornada de Xogos de Estratexia (2º Día).

Xoves
31 de nadal
NOITEVELLA

Venres
1 de xaneiro
ANINOVO

Sábado
2 de xaneiro
11,00: Torneo de Reis de Xadrez.
21,00: Torneo de Aninovo de Xadrez.

Domingo
3 de xaneiro
11,00: Torneo de Reis de Xadrez.
17,00: Novos Xogos de Taboleiros.

Luns
4 de xaneiro
21,00: 4ª xornada circuíto cartas no CUR.

Martes
5 de xaneiro
20,00: Torneo de Xadrez Noite de Reis no CUR.

Mércores
6 de xaneiro
REIS

Xoves
7 de xaneiro
21,00: 5ª xornada circuíto cartas no CUR.
Peche das Xornadas Lúdicas de Nadal.


29 de outubro de 2015

SAMAIN 2015

Xornadas Especiais: Samaín 2015

Samain é a noite anterior ao 1 de novembro.
A festividade debería chamarse mais xaun ou xauen, que sería a pronuncia de Samaín en gaélico.
Parece que o nome provén do primeiro mes (Samonios) do calendario de Coligny. Era pois o principio de ano. SAMAIN/SAMHAIN a noite do 31 de outubro, na que se abren as portas a mundos paralelos e o período de introspección. Hai un paralelismo co que sucede fóra; o sol perde forza, hai menos luz e os ritmos de crecemento da natureza son mais lentos. Os celtas celebraban co Samaín o paso do ano, a fin do tempo das colleitas e o comezo do inverno e, con el, do ano novo.
O Samaín era o momento no que as ánimas dos mortos retornaban ás súas casas para visitar os familiares aínda vivos. Nesta visita aproveitaban para buscar alimento e quentarse co lume da lareira, polo que era costume deixar o lume aceso nesta noite e nunca varrer a lareira para non afastar as ánimas; por veces tamén se deixaba unha cadeira baleira, co seu servizo de comida e bebida, para que as ánimas se achegasen á mesa familiar.
Coincidía así, nesta noite do 31 de outubro ao 1 de novembro e tamén ao 2 de novembro, a festa do paso dun ano a outro, co momento da apertura ás ánimas do outro mundo. A festa foi reconducida á celebración do Día de Defuntos e de Todos os Santos, co costume de visitar o cemiterio, un día de recollemento e espiritualidade para os crentes.
Polo Samaín era costume baleirar nabos de gran tamaño para pórlles dentro candeas. En Galicia tamén ás veces nabos no canto de cabazas, e así o refrán di: Polo tempo de tódolos Santos mira os nabos; se fosen bos, di que son malos. E así usalos para isto. Poñíanse candís en nabos ou cabazas ocos e colocábanse nas xanelas para escorrentar aos malos espíritos. Ou se saía aos camiños para meter medo. Pode que isto proceda dun costume de certos guerreiros de facer o mesmo nas caveiras dos inimigos vencidos.
A tradición puido ter sido exportada aos Estados Unidos de América polos irlandeses coas migracións e a tradición tería continuidade nas festas de Halloween.
Na festa celta a importancia era tal que estaba penada a ausencia. O punto principal era a celebración do gran banquete. Entre outras moitas celebracións facíanse xogos de adiviñas. Facíase a recolleita de castañas, normalmente polos nenos, e celebrábase o magosto, probablemente o herdeiro directo en Galicia desta festividade, coas castañas, viño novo e queixo e as festas nas fragas cos aturuxos. Segundo Murguía as castañas e o viño simbolizan a morte e a vida.

Venres 30.
Na Mitoloxía celta é o Día de Morrigan, patroa de sacerdotisas e bruxas.
No Centro Universitario de Riazor:
16,30 – 18,30: Chess & English.
20,00 – 21,00: Torneo de Rápidas.

Sábado 31.  
Tal día coma hoxe, en 1892 nacía Alekhine.
Pendente de confirmar: Torneo de FischerRandom.
13,00 – 14,00: Escola de Béisbol no Frontón da Torre (A Coruña).
16,15 – 20,15: No Forum proxectan as curtametraxes do FKM.

Domingo 1.
Samaín – Tódolos Santos

Luns 2.
Día de Finados ou de Defuntos
19,30 – 20,30: Torneo Tódolos Santos no Sporting Club Casino.

9 de outubro de 2015

Creación de Amigos do Maside

Neste mes de outubro Palaestra ten a idea dunha doble actividade pero relacionada; a creación dunha asociación de Amigos do Museo Carlos Maside e tamén comenzar a celebrar o LXXV Aniversario de Os Vellos non deben namorarse de Castelao.

A obra de Castelao estreouse en agosto de 1941 e as máscaras empregadas están no Museo Carlos Maside, no Castro, Sada.

O día 24 de outubro cumpriranse coarenta anos dende un acto celebrado en Sada na que o actor Tacholas declamou os textos que representara na estrea e regalou ao Museo as máscaras e mais material de Castelao relacionado coa mesma.

Estaremos encantados de escoitar propostas dos socios.

31 de xullo de 2015

Lugnasaad

Festividade celebrada o 1 de agosto, e na noite anterior a ese día.

Tamén chamada Lammas era unha festa dedicada ao deus Lugh, divindade solar, dispensador de sabedoría. É a festa celta da prosperidade. Nesta data celebraban nupcias dun ano e un día e podían renovarse cada ano nesta data. Período de tregua militar e celebración da colleita. A natureza desprega a súa abundancia e prosperidade.

Lugh, o Deus solar, era fillo de Kian e Ethlinn.
Cóntase que Kian tiña unha vaca máxica que podía dar leite en abundancia.
Balor, aproveitándose das súas artes máxicas, rouboulla e Kian enfureceu e pediu axuda a un druída para vingarse. A filla de Balor vivía nunha torre totalmente illada da civilización e custodiada por mulleres para que non coñecese nunca a algún home. Isto era asi porque Balor escoitara unha profecía que dicía que seria asasinado polo seu neto. O druída enfeitizou ás gardiás da torre e así Kian entrou e coñeceu á fermosa Ethlinn e posuíuna. Desta experiencia nacerían trillizos.
Balor enfurecido mandou afogar aos nenos pero un salvouse e foi coñecido como Lugh.

Lugh foi asimilado ao Mercurio romano. A festa foi probablemente cristianizada na Asunción. Nas illas de Man o Lugnasaad celebrábase o domingo seguinte ao 12 de agosto. O nome significa xogos ou asemblea de Lugh. En textos irlandeses fálase de gran variedade de xogos. Brandub parece ser un xogo similar ás damas ou ao xadrez. Os banquetes eran importantes como forma de unión da tribo ou a aldea e ademais servían para redistribuír os botíns. Nestes era importante a presenza dos bardos, do viño, a cervexa e o hidromel.

Verémonos á noitiña xunto ao lume, debaixo do carballo mentres o bufo ulula baixo o ceo cheo de estrelas e o lobo aúlla no bosque próximo. Que Lug protéxavos!

29 de xuño de 2015

CORUÑA EN SEPIA

A Asociación Palaestra e a Asociación de Iniciativas Culturais e Deportivas Universitarias (INCUDE) colaboran por segundo ano nun concurso de fotografía baseado nos cambios experimentados na cidade da Coruña.

A idea é realizar unha fotografía actual do lugar que aparece nas que iremos publicando, de forma que se premiará á mellor serie de fotografías que reflexen os cambios.

Deste xeito invitamos a meditar non só aos participantes, se non a todos os lectores das nosas webs, sobre a evolución da cidade e a transformación dos seus espazos, reflexionando sobre os cambios entre A Coruña do século XX e a do século XXI.

Dende o 1 de xullo publicaremos unha fotografía cada domingo e mércores, finalizando a serie a finais de setembro. En relación ao ano pasado, as vinte e cinco fotografías escollidas nesta edición serán de edificios e ruas mais doados de recoñecer na cidade de hoxe.

As fotografías poden remitirse a incude@udc.es ata o 15 de outubro de 2015.

Coas fotografías realizarase unha pequena exposición.

Ademais haberá os seguintes premios:

1º PREMIO: Trofeo, libro e 100 €
2º PREMIO: Trofeo, libro e 50 €
3º PREMIO: Trofeo, libro e 25 €

26 de xuño de 2015

I TORNEO DE JUGGER

Palaestra e Hercle organizan, grazas á Asociación Coruñesa de Jugger o I Torneo de Jugger, que será unha xornada de difusión desta modalidade.

Aproximadamente un centenar de participantes asistirán a esta primeira edición que terá lugar na Cidade Deportiva da Torre na Coruña. (Unha vez mais a Area de Deportes da Universidade non foi capaz de darlle uso as súas infrautilizadas instalacións).

A proba empezará ás 10,00 e rematará en torno ás 20,00 horas, coa entrega de premios.

Sorteo dos grupos á cargo a Asociación Coruñesa de Jugger preme aqui.

21 de xuño de 2015

I MEMORIAL MARCO RODRIGUEZ CORBELLE

As asociacións Palaestra e Hercle uníronse para organizar un mercido homenaxe a Marco Rodríguez Corbelle (1977-2011) xogador de béisbol de diferentes equipos.

A xornada consistiu nun pequeno partido entre os Druídas BC, único club coruñés na actualidade con actividade federada e que acaba de proclamarse campión do seu grupo en Liga Nacional e unha selección de xogadores que compartiron equipo con Marco en Panteras (o equipo da Asociación Palaestra), Universidade e Tiburones (equipos estes promovidos por Hercle no seu momento).

As camisetas foron protagonistas do acto, tanto pola variedade das que luciron os excompañeros de Marco, como pola recuperación dos almacéns de Palaestra da camiseta que o propio Marco utilizou no Campionato de España de 1993. Os presentes asinaron a camiseta que foi entregada aos irmáns do homenaxeado que ao final do acto remitiron unha foto co fillo de Marco coa camiseta que utilizou o seu pai aos dieciseis anos.

Aproveitando este acto as dúas entidades consolidaron a súa idea de colaborar en volver facer crecer o béisbol coruñés. A outra entidade implicada, o Druídas BC, estudará nos próximos días sumarse a este proxecto. En calquera caso o presidente actual da entidade, Juan Manuel Losada, xa indicou que a súa disposición persoal era a de sumarse á iniciativa.

O memorial Marco Rodríguez será organizado cada ano, cunha actividade lúdica de promoción deste deporte.

Aínda que o resultado do partido era o de menos o resultado final foi unha axustada vitoria dos veteranos compañeiros de Marco.



17 de xuño de 2015

Torneo de Béisbol Memorial Marco Rodríguez

As asociacións Palaestra e Hercle organizan en colaboración con Druidas e a Universidade da Coruña o I Memorial Marco Rodríguez.

Marco Rodríguez foi xogador de Panteras e de Tiburones-Universidade.

Será ás 11,00 horas o vindeiro sábado día 20, no Estadio Universitario de Elviña.

26 de maio de 2015

TORNEO DE PRIMAVERA DE XADREZ

O Centro Comercial Los Rosales albergará o vindeiro fin de semana (venres e sábado) o Torneo de Primavera de Xadrez que organizado pola SCD Palaestra se desenvolverá en dúas xornadas, dedicada a primeira do venres ao xadrez rápido e a segunda do sábado a xogadores menores de 14 anos.

VENRES 29 DE MAIO

Desde as 18,00 horas haberá mesas para xogar ao xadrez.

TORNEO DE PRIMAVERA DE RÁPIDAS

HORARIO: Empezará ás 20,00 horas e terminará ás 21,00. A entrega de premios será a continuación.
SISTEMA DE XOGO: Torneo suízo a cinco roldas, con ritmo de xogo de 5 minutos finish.
CATEGORÍAS: Haberá unha soa categoría.

SÁBADO 30 DE MAIO

TORNEO DE PRIMAVERA DE XADREZ SUB 14

HORARIO: Empezará ás 17,00 horas e terminará ás 19,30. A entrega de premios será a continuación.
SISTEMA DE XOGO: Torneo suízo a cinco roldas, con ritmo de xogo de 15 minutos finish.
CATEGORÍAS: sub14, sub12, sub10 e sub8.

INSCRIPCIONS E PREMIOS:

A inscrición é gratuíta. Pode realizarse por correo electrónico asociacion@palaestra.net ou por teléfono 881 94 19 29. Haberá trofeos para o tres primeiros de cada categoría e medalla para todos os participantes no sub14.

12 de maio de 2015

Torneo de Xadrez Día dos Museos


O día 18 de maio coinciden varias efemérides no noso grupo.

Foi un 18 de maio que se fundou a nosa entidade en 1989 e tamén nesa mesma data celébrase en todo o mundo o Día dos Museos.

En 1970 escolleron o día para inaugurar o Museo Galego de Arte Contemporánea, no Castro, Sada.
Este Museo axiña recibiría un nome engadido; Carlos Maside.

Maside foi undos grandes pintores galegos do século XX e ademais botaba partidas de xadrez.

Así que está claro que temos unha boa excusa para facer o I Torneo de Xadrez Día dos Museos.

30 de abril de 2015

30 de abril: Noite de Beltaine

Marca o inicio da metade iluminada do ano. Festividade dedicada ao deus Belenos, divindade da luz e o lume. Nesta festividade era coroada a raíña de maio. Acendíase unha gran fogata e se brincaba sobre ela para lograr fertilidade, saúde e boa sorte durante o ano. Beltane era o comezo da actividade interrompida dende Samhain polo inverno. Para os pobos celtas as celebracións máis importantes eran as que se "cruzaban" entre os solsticios e os equinoccios. Tratábase de Samhain (novembro), Imbolc (febreiro), Beltaine (maio) e Lugnasad (agosto). Dentro destas, as dúas nas que "nacen" as dúas principais estacións eran as festas maiores: Samhain como comezo do inverno e Beltaine como comezo do verán.

Bealtaine marcaba o comezo do verano pastoral cando as manadas levábanse aos pastos de verano. En irlandés moderno Mi na Bealtaine (Mes de Bealtaine) é o nome de maio, abreviado ás veces simplemente a Bealtaine. Unha das actividades consistía en prender fogueiras nas montañas e ladeiras (O día amarelo de Bealltain). Unha noite de lumes, na que os nosos antergos pasaban tanto eles como o seu gando por entre o fume nun rito de limpeza e purificación ("afumar o gando" decíase na Galicia que facía isto por San  Xoán e en Irlanda nesta data).

Pola mañá cedo levantábanse canto antes para lavarse co orballo, até fregábanse espidos coa herba para impregnarse deste. En Galicia -en San Xoán- a xente ía á fonte para ser a primeira en beber ese día e tomar “a flor da auga”. Ademais collíase o chamado “lume novo” para as casas. O rocío que se recollía nas mañás de Beltaine tamén se almacenaba, co fin de utilizalo en posteriores rituais. Nalgunhas tribos celtas dispoñíase neste tempo duns días de liberdade sexual, nos cales formábanse parellas novas a proba, que duraban ata o seguinte Beltane, data na cal renovábanse os votos ou terminaban separándose.

En Galicia asociada aos Maios celebrabase unha recollida nocturna nos campos de cultivo con fachos chamados Fachucos, as cinzas dos cales eran esparcidas pola terra. Dise que foi nesta festividade cando os descendentes de Breogán embarcaron cara a Irlanda.

En Alemaña reuníanse as bruxas. Na Galia era a festa dos druídas no Bosque dos Carnutos no centro do país, o mesmo que no embigo de Irlanda. Do mesmo xeito que na novela post-celtica "O Señor dos Aneis", o folklore ruso documenta unha "marcha das árbores" para esta noite máxica, pola que "todas as árbores, as flores, os arbustos e os seres verdes teñen a posibilidade de camiñar a condición de estar de regreso á mañá seguinte e na súa mesmo sitio".

En Europa Central e Norte celebran a Noite de Walpurgis, coñecida como a noite de bruxas, tamén prenden fogueiras para renovar co fume aos pobos e aos seus habitantes. Nesta época de transición equinoccial era costume que se xuntasen as bruxas e homes lobos, segundo lendas.

Durante a Antigüedade e a Idade Media hai que evitar casar en maio porque durante ese período córrese o risco de contraer matrimonio cunha aparecida ou cunha muller enmeigada do Outro Mundo.

Durante a Noite de Walpurgis de 1776 Adam Weishaupt creou nos bosques bávaros aos Illuminati.

Nas novelas de Harry Potter (de J. K. Rowling) un grupo de feiticeiros escuros e antigos mortífagos, orixinalmente chamábanse os cabaleiros de Walpurgis (the knights of Walpurgis), (un obvio xogo de palabras con Walpurgis night), pero logo pasaron a chamarse “Mortífagos" (seguidores de Lord Voldemort).

15 de abril de 2015

Abril. Día 15. Aniversario de Leonardo

Tal día como hoxe nacía en 1452 Leonardo da Vinci.

Bótalle un ollo ao espazo da Biblioteca Nacional e lembra que no noso blog de lectura poñemos todas a semanas os seus aforismos.

http://leonardo.bne.es/index.html

1 de abril de 2015

Abril: Día 1

Día dos enganos en Galicia e noutros países; di o refrán O un de abril van os burros onde non deben ir.
En 1564 o rei francés Carlos IX decidiu adoptar o calendario gregoriano. Entón, o ano pasou a celebrarse o día 1 de xaneiro, como ata o día de hoxe. Pero na época moitos non aceptaron o cambio e continuaron festexando na data antiga, en abril. Así que algúns enviaban aos máis tradicionalistas invitacións para festas que non existían e agasallos co obxectivo de ridiculizalos por non querer a nova data. Estas brincadeiras espallaronse por diversos países.

1 de marzo de 2015

Vindeiras actividades

Torneo de Xadrez Primeiros Luns
Este luns, día 2, temos o Torneo Primeiro Luns, a celebrar no Sporting Club Casino ás 20,30.
Coma sempre un torneo de partidas rápidas de balde para socios do Casino, de AGAX e de Palaestra.
Trofeo para o vencedor
 
CAMIÑO DE SANTIAGO
A Asociación universitaria INCUDE está a programar como actividade realizar un tramo do Camiño de Santiago.
Participa na enquisa e así poderán facer un proxecto mais axeitado
 
BEISBOL
Por outra banda o vindeiro fin de semana comeza a Liga de Béisbol.
Nestes días andamos a traballar nun novo proxecto de béisbol xuntando a diferentes entidades.
Nesta competición en principio será o equipo Druidas a nosa referencia.

Recibe o domingo ao Junior de Asturias.

2 de febreiro de 2015

2 de Febreiro. Día da Candeloria

Nosa Señora da Candeloria.

Día das Candeas ou Día da Candeloria (forma galega que foi substituída no uso pola castelá Candelaria). Existe o costume de bendicir as candeas na misa que se celebra neste día, candeas que logo se gardan na casa como protección contra o trono e para axudar a ben morrer ós moribundos, a quen se lles pon unha na man xunto a outras cousas santas.

É tradicional ver neste día unha festa do amor entre os paxaros. Pola Candeloria casan os paxariños e vaise a galiñola. En San Domingos de Bonaval celebrábase unha misa na que casaban dúas pombas, que se ceibaban ó rematar.

O tempo que faga o día da Candeloria prognostica o que vai facer: Se treboa de entre a Candeloria e a Anunciación, corenta días máis de inverno son.

26 de xaneiro de 2015

26 de xaneiro: Día de Farmer

O día 26 de xaneiro é o Día Internacional da Educación Ambiental, pero en Palaestra preferimos lembrar a Philip José Farmer.

Palaestra anima a coñecer no aniversario do seu nacemento a obra de Philip José Farmer, quen naceu en Peoria, Illinois, o 26 de xaneiro de 1918, e faleceu o 25 de febreiro de 2009. Foi un escritor estadounidense de ficción científica e fantasía, autor de novelas e relatos breves.

En moitas das obras de Farmer aparecen personaxes preexistentes, tomados da historia ou da ficción. É o caso de The Other Log of Phileas Fogg (1973), que reenche as elipsis da coñecida novela A volta ao mundo en oitenta días, de Jules Verne, ou da Barnstormer in Oz (1982), no que o fillo adulto da protagonista do mago de Oz, Dorothy, chega ao país de Oz por un accidente do avión que estaba pilotando. Outros personaxes que aparecen frecuentemente nas súas obras son os heroes pulp Tarzán e Doc Savage: na novela The Adventure of the Peerless Peer Tarzán forma equipo con Sherlock Holmes. Farmer é tamén o creador das series de Lord Grandrith e Doc Caliban, personaxes baseados, respectivamente, en Tarzán e en Doc Savage.

A Serie Riverworld conta as aventuras de persoaxes tan diferentes entre si como Richard Francis Burton, Hermann Göring e Samuel Clemens (Mark Twain), nun estraño máis aló no cal todos os seres humanos que viviron no pasado resucitan no val dun río que se extende por todo un planeta. A saga está composta por To Your Scattered Bodies Go (1971), The Fabulous Riverboat (1971), The Dark Design (1977), The Magic Labyrinth (1980) e Gods of Riverworld (1983). Riverworld and Other Stories (1979) é unha colección de relatos que se desenvolve no mesmo mundo imaxinario; nela inclúese o conto que deu orixe á saga.

As obras de Farmer abordan a miúdo o tema do sexo: a súa recompilación de historias breves Strange Relations, de 1960, marcou un fito na historia do sexo na literatura de ciencia ficción. Tamén a relixión está presente no traballo de Farmer: Xesús aparece coma personaxe nun dos relatos de Riverworld and Other Stories e na novela Jesus on Mars.

2 de xaneiro de 2015

Día de Asimov

Dous de Xaneiro. Tal día coma hoxe de 1920 viña ao mundo Isaak Yudovich Ozimov; na cidade de Petrovichi, Asimov faleceu o 6 de abril de 1992. Foi un escritor moi prolífico coñecido polas súas numerosas obras de ciencia ficción, historia e ciencia popular ou divulgación científica.
A obra máis famosa de Asimov é a "Saga da Fundación", que despois combinou con dúas das súas outras series, a serie Imperio Galáctico e a serie de Robots. Tamén escribiu sobre misterio e fantasía, así como unha gran cantidade de novelas.
De feito, escribiu ou corrixiu máis de 500 volumes e aproximadamente 90.000 cartas ou postais, e ten obras en cada categoría importante no sistema decimal Dewei, excepto en filosofía.

Club Lectura Brigantium. Texto de Asimov. Entrada 2015

Club Lectura Brigantium. Texto de Asimov. Entrada 2014