2 de febreiro de 2015

2 de Febreiro. Día da Candeloria

Nosa Señora da Candeloria.

Día das Candeas ou Día da Candeloria (forma galega que foi substituída no uso pola castelá Candelaria). Existe o costume de bendicir as candeas na misa que se celebra neste día, candeas que logo se gardan na casa como protección contra o trono e para axudar a ben morrer ós moribundos, a quen se lles pon unha na man xunto a outras cousas santas.

É tradicional ver neste día unha festa do amor entre os paxaros. Pola Candeloria casan os paxariños e vaise a galiñola. En San Domingos de Bonaval celebrábase unha misa na que casaban dúas pombas, que se ceibaban ó rematar.

O tempo que faga o día da Candeloria prognostica o que vai facer: Se treboa de entre a Candeloria e a Anunciación, corenta días máis de inverno son.