16 de abril de 2026

Falecemento de Ernesto Pérez Ramil

Lamentamos comunicar que faleceu o noso presidente e fundador, Ernesto Pérez Ramil, tras unha enfermidade contra a que levaba loitando nestes últimos meses.

No ano 1989 fundou a nosa asociación co obxectivo de fomentar a cultura e o deporte na nosa sociedade.

Foi un firme defensor do patrimonio cultural, realizando actividades, intercambios e visitas por toda Galicia. No ámbito deportivo tivo unha especial dedicación á divulgación e ao ensino do xadrez, onde marcou a varias xeracións de xadrecistas coas actividades, clases e torneos que incansablemente ofrecía.

Empregaba o xadrez non como un fin en si mesmo, senón como unha ferramenta para o desenvolvemento persoal e o pensamento global. Preocupouse tamén pola divulgación do xadrez, facéndoo accesible a todas as persoas e procurando que unha gran parte das actividades fosen gratuítas.

Deixa un gran baleiro irremplazable tanto no ámbito deportivo como no cultural e, especialmente, no persoal. Moitas grazas por todo o que nos achegaches; botarémoste moito de menos e esperamos poder manter o teu legado.

Compañeiro, amigo, familia: sempre te lembraremos. Descansa en paz.

18 de xuño de 2025

Agradecemento á Deputación

Hoxe queremos dar as Grazas á Deputación da Coruña.

A súa axuda xunto ao patrocinio e cesión de local do Centro Comercial Los Rosales, permitirá manter neste 2025 as numerosas actividades de balde que realizamos durante todo o ano.

Isto inclúe dous dos torneos con mais participación da cidade; o de Primavera recentemente realizado e o de Nadal e actividades todas as semanas de setembro a maio e actuacións en todos os periodos non lectivos.

Ademais o local do Centro Comercial serve de espazo de xogo a distintos clubs na Liga Galega de Xadrez ou se deixa para torneos doutras entidades, como teremos este sábado ou houbo hai poucas semanas co Torneo dos veciños do barrio.

Grazas por permitir esta actividade!

26 de abril de 2024

Liga e Xogade

Este sábado teremos o último dos Sábados de Liga de xadrez no Centro Comercial Los Rosales.

A Liga Galega de Xadrez toca ao seu fin, con moitos dos xogadores que veñen pola escola de xadrez dos Rosales xogándose os primeiros postos.

Estaremos na sala dende as 16,00 horas.

Por outra banda o sábado pasado tivo lugar en Carballo a fase intercomarcal do Xogade, na que estiveron presentes moitos dos xogadores que participan nas actividades dos "Martes de Xadrez". Especialmente presentes nos equipos CIDU e XDM en categoría infantil pero tamén noutras categorías como no Smyslov e TDFC.

Noraboa a todos por estar presentes nesa fase e especialmente ao CIDU INFANTIL, que se clasificou para a fase provincial en Santiago, como campión.