O día 18 de maio coinciden varias efemérides no noso grupo.
Foi un 18 de maio que se fundou a nosa entidade en 1989 e tamén nesa mesma data celébrase en todo o mundo o Día dos Museos.
En 1970 escolleron o día para inaugurar o Museo Galego de Arte Contemporánea, no Castro, Sada.
Este Museo axiña recibiría un nome engadido; Carlos Maside.
Maside foi undos grandes pintores galegos do século XX e ademais botaba partidas de xadrez.
Así que está claro que temos unha boa excusa para facer o
I Torneo de Xadrez Día dos Museos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario