Amosando publicacións coa etiqueta Calendario. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Calendario. Amosar todas as publicacións

30 de abril de 2015

30 de abril: Noite de Beltaine

Marca o inicio da metade iluminada do ano. Festividade dedicada ao deus Belenos, divindade da luz e o lume. Nesta festividade era coroada a raíña de maio. Acendíase unha gran fogata e se brincaba sobre ela para lograr fertilidade, saúde e boa sorte durante o ano. Beltane era o comezo da actividade interrompida dende Samhain polo inverno. Para os pobos celtas as celebracións máis importantes eran as que se "cruzaban" entre os solsticios e os equinoccios. Tratábase de Samhain (novembro), Imbolc (febreiro), Beltaine (maio) e Lugnasad (agosto). Dentro destas, as dúas nas que "nacen" as dúas principais estacións eran as festas maiores: Samhain como comezo do inverno e Beltaine como comezo do verán.

Bealtaine marcaba o comezo do verano pastoral cando as manadas levábanse aos pastos de verano. En irlandés moderno Mi na Bealtaine (Mes de Bealtaine) é o nome de maio, abreviado ás veces simplemente a Bealtaine. Unha das actividades consistía en prender fogueiras nas montañas e ladeiras (O día amarelo de Bealltain). Unha noite de lumes, na que os nosos antergos pasaban tanto eles como o seu gando por entre o fume nun rito de limpeza e purificación ("afumar o gando" decíase na Galicia que facía isto por San  Xoán e en Irlanda nesta data).

Pola mañá cedo levantábanse canto antes para lavarse co orballo, até fregábanse espidos coa herba para impregnarse deste. En Galicia -en San Xoán- a xente ía á fonte para ser a primeira en beber ese día e tomar “a flor da auga”. Ademais collíase o chamado “lume novo” para as casas. O rocío que se recollía nas mañás de Beltaine tamén se almacenaba, co fin de utilizalo en posteriores rituais. Nalgunhas tribos celtas dispoñíase neste tempo duns días de liberdade sexual, nos cales formábanse parellas novas a proba, que duraban ata o seguinte Beltane, data na cal renovábanse os votos ou terminaban separándose.

En Galicia asociada aos Maios celebrabase unha recollida nocturna nos campos de cultivo con fachos chamados Fachucos, as cinzas dos cales eran esparcidas pola terra. Dise que foi nesta festividade cando os descendentes de Breogán embarcaron cara a Irlanda.

En Alemaña reuníanse as bruxas. Na Galia era a festa dos druídas no Bosque dos Carnutos no centro do país, o mesmo que no embigo de Irlanda. Do mesmo xeito que na novela post-celtica "O Señor dos Aneis", o folklore ruso documenta unha "marcha das árbores" para esta noite máxica, pola que "todas as árbores, as flores, os arbustos e os seres verdes teñen a posibilidade de camiñar a condición de estar de regreso á mañá seguinte e na súa mesmo sitio".

En Europa Central e Norte celebran a Noite de Walpurgis, coñecida como a noite de bruxas, tamén prenden fogueiras para renovar co fume aos pobos e aos seus habitantes. Nesta época de transición equinoccial era costume que se xuntasen as bruxas e homes lobos, segundo lendas.

Durante a Antigüedade e a Idade Media hai que evitar casar en maio porque durante ese período córrese o risco de contraer matrimonio cunha aparecida ou cunha muller enmeigada do Outro Mundo.

Durante a Noite de Walpurgis de 1776 Adam Weishaupt creou nos bosques bávaros aos Illuminati.

Nas novelas de Harry Potter (de J. K. Rowling) un grupo de feiticeiros escuros e antigos mortífagos, orixinalmente chamábanse os cabaleiros de Walpurgis (the knights of Walpurgis), (un obvio xogo de palabras con Walpurgis night), pero logo pasaron a chamarse “Mortífagos" (seguidores de Lord Voldemort).

26 de xaneiro de 2015

26 de xaneiro: Día de Farmer

O día 26 de xaneiro é o Día Internacional da Educación Ambiental, pero en Palaestra preferimos lembrar a Philip José Farmer.

Palaestra anima a coñecer no aniversario do seu nacemento a obra de Philip José Farmer, quen naceu en Peoria, Illinois, o 26 de xaneiro de 1918, e faleceu o 25 de febreiro de 2009. Foi un escritor estadounidense de ficción científica e fantasía, autor de novelas e relatos breves.

En moitas das obras de Farmer aparecen personaxes preexistentes, tomados da historia ou da ficción. É o caso de The Other Log of Phileas Fogg (1973), que reenche as elipsis da coñecida novela A volta ao mundo en oitenta días, de Jules Verne, ou da Barnstormer in Oz (1982), no que o fillo adulto da protagonista do mago de Oz, Dorothy, chega ao país de Oz por un accidente do avión que estaba pilotando. Outros personaxes que aparecen frecuentemente nas súas obras son os heroes pulp Tarzán e Doc Savage: na novela The Adventure of the Peerless Peer Tarzán forma equipo con Sherlock Holmes. Farmer é tamén o creador das series de Lord Grandrith e Doc Caliban, personaxes baseados, respectivamente, en Tarzán e en Doc Savage.

A Serie Riverworld conta as aventuras de persoaxes tan diferentes entre si como Richard Francis Burton, Hermann Göring e Samuel Clemens (Mark Twain), nun estraño máis aló no cal todos os seres humanos que viviron no pasado resucitan no val dun río que se extende por todo un planeta. A saga está composta por To Your Scattered Bodies Go (1971), The Fabulous Riverboat (1971), The Dark Design (1977), The Magic Labyrinth (1980) e Gods of Riverworld (1983). Riverworld and Other Stories (1979) é unha colección de relatos que se desenvolve no mesmo mundo imaxinario; nela inclúese o conto que deu orixe á saga.

As obras de Farmer abordan a miúdo o tema do sexo: a súa recompilación de historias breves Strange Relations, de 1960, marcou un fito na historia do sexo na literatura de ciencia ficción. Tamén a relixión está presente no traballo de Farmer: Xesús aparece coma personaxe nun dos relatos de Riverworld and Other Stories e na novela Jesus on Mars.

31 de xaneiro de 2014

31 de xaneiro a 2 de febreiro: Imbolc e Candeloria


O Imbolc asóciase convencionalmente co 1 de febreiro aínda que o festival celta comeza na noite do 31 de xaneiro.

En varios sitios derivou á Candeloria e ao San Brais.

Cando a Candeloria chora, medio inverno vai fóra; que chore, que deixe de chorar, mitá do inverno está por pasar.

Cando a Candeloria chora a mitá do inverno está fóra; se chora ou ri, o inverno está por vir, e se chora ou fai vento, inda o inverno está dentro.

O día da Candelaria, si chora ou venta, inverno entra. E si non venta nin chora, inverno fóra.

O Día da Candeloria ten orixe nos cultos pagáns da fertilidade e dos ciclos da naturaza que foi cristianizado. Imbolc ou Candelmans é o 2 de febreiro. Nesa data acendense velas coa finalidade de aportar luz e calor ao sol para que recobrase a súa forza e a proxectase sobre a terra. Nestas datas o lume era purificador, unha festa da luz, reflectindo os días cada vez máis longos e a esperanza da primavera. Tradicionalmente ilumínanse farois nas frontes das casas por uns cuantos minutos. Na antiga Roma celebrábase as "Lupercales", cunha procesión con candeas acendidas de noite. No 492 o Papa Xelasio crea a festa da Purificación da Virxe. O nome da Candeloria está orixinado pola procesión con candeas. O crego bendice as candeas que a xente ten de manter acesas mentres durar a misa. Estas candeas lévanse para a casa pois atribúenselles poderes como calmar as treboadas ou alumear o camiño das almas que deixan este mundo. Esta festa das luces celébrase en parroquias como Oseiro, Becerreá, Cervo, Meaño, O Rosal e Cedeira.

A festa do Imbolc é un culto de tipo agrario no que valorábase a función produtiva, coincidindo tamén coa chegada do período de lactación das ovellas, aprestas a dar a luz na primavera. De feito na lingua irlandesa é o "no embigo" (i mbolg), referíndose á xestación das ovellas. Esta festividade está relacionada tamén co leite, polo que é tradición comer queixo e produtos lácteos, e beber leite.

Imbolc é un dos catro principais festivais do calendario celta, asociado co ritual da Fertilidade, un do oito días festivos (catro solares e catro lunares) do ano neopagano. En Escocia o festival é tamén coñecido como Latha Fhèill Brìghde, en Irlanda como Lá Fhéile Bríde e en Gales como Gwyl Ffraed.

O Imbolc é evidente no folclore de Irlanda e Escocia, ademais de estudos comparativos de costumes similares en Escandinavia. Isto pode variar até dúas semanas antes ou despois do comezo de febreiro. Durante a súa época de influencia celébrase normalmente unha das festas máis importantes de Galicia: o entroido.

Festividade dedicada á deusa Brigit, señora da mediciña, as artes e a profecía cristianizada en Santa Brígida, a segunda patroa de Irlanda.

Santa Bríxida de Irlanda ou Brígida de Kildare, naceu en 451 en Faughart preto de Dundalk en Irlanda, e morreu en 525 en Kil Dara. Un rei pagán escocés foi o pai de Brígida e a súa nai era unha escrava cristiá, bautizada por San Patricio. Foi chamada así segundo a divindade feminina "Brigid" dos Celtas. Construiu unha cela baixo a sombra dun gran carballo ao redor da cal varias mulleres reunironse e tomarona por nai. Así queda fundado un convento ao redor do cal se forma a cidade de Kildare. É o primeiro mosteiro dobre de Europa: agrupaba a relixiosas e relixiosos. Faleceu en Kildare e foi enterrada en Downpatrick cos santos Patricio e Columba de Iona, cos que comparte o patronazgo de Irlanda. Existe obviamente unha controversia sobre a evidencia histórica de Brígida, xa que hai feitos conflitivos sobre a súa vida. É probable que a santa fose sincretizada con trazos da deusa pagá Brigid.

Os neopaganos celebran a Wicca, unha variación de Imbolc como un dos catro festivais de lume, que forman parte dos oito aquelarrres (sabbats) da Roda do Ano. Noutros estilos de Wicca é momento para rededicaciones e promesas para o ano vindeiro.


31 de xullo de 2013

Día de Lugnasad

Lugnasad ou Lughnasadh
(mitoloxía celta e Wicca)

Lug, o gran deus celta, foi asimilado ao Mercurio romano. A festa foi probablemente cristianizada na Asunción. Nas illas de Man o Lugnasad celebrábase o domingo seguinte ao 12 de agosto.

O nome significa xogos ou asemblea de Lug. En textos irlandeses fálase de gran variedade de xogos.

Brandub parece ser un xogo similar ás damas ou ao xadrez.

Os banquetes eran importantes como forma de unión da tribo ou a aldea e ademais servían para redistribuír os botíns. Nestes era importante a presenza dos bardos, do viño, a cervexa e o hidromel.

9 de xullo de 2013

Propostas segunda semana xullo 2013

Ideas a facer esta semana (do 8 ao 14 de xullo):

Luns

Martes
Actividades en Sada.

Mércores
Visita ao Castelo de San Antón. 17,00 horas
Xornadas de Finais no Casino. 19,00 horas.

Xoves

Venres
Actividades no CUR dende 19,30
Inicio do minicircuito de xogos de Naipes

Sábado
Posibles actividades de Age of Empires

Domingo
Visita ao Pazo de Mariñán (17,00 - 18,00 -19,00)

E podes aproveitar para visitar o Estadio de Riazor. De luns a venres ás 13,00, 18,00 e 19,00 e sábados ás 13,00.

E se es socio do Sporting Club Casino, todos os días de luns a venres hai actividades de xadrez pola mañán (11,00 a 14,00) nas instalacións da Zapateira.

1 de xullo de 2013

Propostas primeira semana xullo 2013

Ideas a facer esta semana (do 1 ao 7 de xullo):

Luns
Torneo de Xadrez Primeiro Luns do Mes no Casino. 19,30 horas.

Martes
Actividades en Sada.

Mércores
Xornadas de Finais no Casino. 19,00 horas.

Xoves
Visita ao Castro de Elviña. 11,30 horas

Venres
Actividades no CUR dende 19,30
Inicio do minicircuito de xogos de Naipes

Sábado
Posible celebración do Match

Domingo
Visita ao Pazo de Mariñán (17,00 - 18,00 -19,00)

E podes aproveitar para visitar o Estadio de Riazor. De luns a venres ás 13,00, 18,00 e 19,00 e sábados ás 13,00.