14 de agosto de 2023

Copa González March

Imos comezar o curso 2023-2024 con varios cambios e un deles é o valor asignado á Copa González March que nesta edición vai ser unha proba para torneos maiores nos que estamos pensando no Sporting Club Casino, a entidade que historicamente mais torneos importantes acolleu na Coruña.

Por este motivo a Copa González March deste 2023, organizada polo Sporting Club Casino e Palaestra con cargo aos seus propios orzamentos, vai servir para evaluar a posible recuperación dun torneo de lentas, lembrando aos torneos Cidade da Coruña, Teresa Herrera ou Open Provincial que se celebraron no último tercio do século XX nas nosas instalacións.

BASES COPA GONZALEZ MARCH 2023

Organizan: Sporting Club Casino e SCD Palaestra.

Datas: Do luns 4 ao venres 8 de setembro de 2023.

Horario de xogo: O primeiro día a presentación será ás 18,30. Horario das partidas: 19,00 horas.

Local de xogo: Sporting Club Casino. Real 83 – A Coruña. 

Sistema de xogo: Suízo a 5 roldas 

ELO: O torneo será válido para ELO standard.

Ritmo de xogo: 60´+ 30” 

Horario de clausura: Venres 8 de setembro as 21,30 horas aproximadamente. 

Emparellamentos: Serán realizados polo programa VEGA. 

Participación: 

1. Será necesario contar con licenza federativa en vigor.

2. Haberá un máximo de 32 participantes.

3. Reservado a xogadores con ELO inferior a 2200.

Inscricións:

A cota será de 10 euros. 

Os socios do Sporting Club Casino e de Palaestra terán bonificada a cota nun 50%.

A inscrición realizarase a través do seguinte formulario:

PREME

O prazo permanecerá aberto ata o 31 de agosto ou ata que se complete o aforo previsto.

Ata o día 20 terán preferencia na inscrición os xogadores federados polo Sporting Club Casino.

O pago realizarase durante a primeira xornada de xogo.

Desempates: a sortear tras a derradeira rolda entre criterios escollidos na primeira rolda. 

Premios: 

1º posto: Trofeo e 90 euros.

2º posto: Trofeo e 65 euros.

3º posto: Trofeo e 40 euros.

4º posto: 20 euros.

1º clasificado socio do Sporting Club Casino: 20 euros.

1º clasificado da Universidade da Coruña: Trofeo.

Todos os participantes recibirán unha taza cun motivo de xadrez como agasallo.

E obrigatoria a presencia na clausura para recoller o premio. 

Director do torneo: Ernesto Pérez Ramil.

Árbitro do Torneo: Francisco Javier García Veiras.

Comité de Competición: As decisións arbitrais tomadas polo árbitro principal ou polo director do torneo como auxiliar poderán ser reclamadas ante o Comité de Competición formado polo director, o árbitro e tres xogadores escollidos por sorteo, dos cales un será membro do equipo federado do Sporting Club Casino.

Actividades complementarias: A organización marcará diversas actividades para as horas previas en cada unha das roldas.

Aspectos varios:

A inscrición no torneo supón a aceptación destas bases e a autorización para publicar datos persoais e/ou fotografías nos diversos medios de difusión e comunicación que a organización considere oportunos para a mellor divulgación do torneo e dos seus resultados.

Para o non especificado nestas bases aplicarase o regulamento da FIDE. 

En caso de xogadores que se inscriban e non asistan ou ben abandoen o torneo a organización vetará a súa participación en calquera outro torneo organizado polas entidades convocantes nos próximos dous anos.

A organización reservase o dereito de admisión e o dereito a modificar as bases do torneo sen outro requisito que a súa publicación na web.


7 de agosto de 2023

Torneo Día da Xuventude

Dende o Centro Comercial Los Rosales e a SCD Palaestra lanzamos un novo Torneo, que coma as outras actividades da nosa entidade ven con intención de quedarse.

O Día Internacional da Mocidade
A Asemblea Xeral da ONU en 1965, tratou por vez primeira a importancia de potenciar entre a xuventuden os valores de convivencia. ideais de paz,  O Día Internacional conmemórase todos os anos o 12 de agosto para chamar a atención sobre os problemas da mocidade e para axudar a desenvolver o potencial dos mozos como socios da sociedade actual. 

Nome do Torneo:
TORNEO DE XADREZ DIA DA XUVENTUDE

Data: 12 de agosto de 2023.

Lugar: Centro Comercial Los Rosales. A Coruña.

Hora de inicio: 17,00.

Hora de entrega de premios aproximada: 19,50.

Sistema de xogo: Suízo a 5 roldas.

Desempates: A sortear tras a derradeira rolda.

Ritmo de xogo: 15 minutos a finish.

Categorías: Senior (55 anos), Absoluta, Sub14, Sub12, Sub10 e Sub8. Segundo o número e variedade dos participantes poderán xogar en unha ou varias categorías todos xuntos.
 
Premios:

1º Clasificado de cada categoría: Trofeo.
Libro de agasallo para os asistentes.

Partcipantes: Ata 40 participantes.

Inscricións: Abertas ata o venres 11 ou completar aforo. 
Deben facerse neste formulario:


Cota: Gratuito. 

Actividade complementaria: O venres 11 teremos ás 20,15 no mesmo lugar un torneo de partidas rápidas.


Advertencia: Os participantes na proba autorizan a publicación dos sus datos persoais nos diferentes medios que a organización considere oportunos para a necesaria difusión do evento (resultados, clasificacións, participantes... etc.) así como a súa presencia nas fotos realizadas cos mesmos propósitos.

A participación leva aparellada a aceptación destas normas.