22 de decembro de 2016

XORNADAS LUDICAS DE NADAL


Palaestra, AGAX, INCUDE e CIDU súmanse en ofrecer as seguintes actividades a desenvolver no Centro Universitario de Riazor (CUR).


Xornadas de nadal 2016
DIA E HORA
ACTIVIDADE
NOME DO TORNEO
22/12/2016 – 19,00
Dominó
TORNEO DE DOMINO DE NADAL



23/12/2016 – 18,00
Xadrez
IX TORNEO LUDO DE SEMIRRAPIDAS



23/12/2016 – 21,00
Xogo de Tronos
TORNEO ANIVERSARIO INCUDE



26/12/2016 – 20,00
Xadrez
TORNEO LUNS



27/12/2016 – 18,00
Xadrez
TORNEO RAPIDAS ANIVERSARIO TERME



27/12/2016 – 19,00
Dominó
TORNEO DE DOMINO DE NADAL



28/12/2016 – 19,30
Xadrez
TORNEO RAPIDAS AGAX








29/12/2016 – 19,00
Trivial
TORNEO DE NADAL DE TRIVIAL



29/12/2016 – 21,00
Risk
TORNEO RISK



30/12/2016 - 20,00
Xadrez
TORNEO RAPIDAS LUDO



02/01/2017 – 19,00
Xadrez
TORNEO SEMIRRAPIDAS AGAX



03/01/2017 – 19,00
Dominó
TORNEO DE DOMINO DE NADAL



04/01/2017 – 19,00
Tute
TORNEO DE NADAL DE TUTE



07/01/2017 – 17,00
Xadrez FischerRandom
TORNEO CORUÑES DE XADREZ FISCHER



08/01/2017 – 18,00
Xadrez
COPA AGAX

14 de decembro de 2016

Torneo de Xadrez Aniversario de Palaestra

O domingo 18 de nadal celebraremos o Torneo de Xadrez XXVII Aniversario de Palaestra

Un ano mais celebramos a edición deste Torneo no Sporting Club Casino.

Toda a información aparece no cartel que acompaña esta nova.

Nome do Torneo: Torneo de Navidad - XXVII Aniversario de Palaestra

Data: 18 de decembro de 2016.

Lugar: Sporting Club Casino.

Hora de inicio: 17,00.

Hora de entrega de premios aproximada: 20,40.

Sistema de xogo: Suízo a 5 roldas.

Desempates: A sortear tras a derradeira rolda.

Ritmo de xogo: 20 minutos a finish.

Horario das roldas: 17,00 / 17,45 / 18,30 / 19,15 / 20,00.

Categorías: Absoluta, Sub14, Sub12, Sub10 e Sub8.

Premios:

En cada categoría:
1º Clasificado: Trofeo.
2º Clasificado: Trofeo.
3º Clasificado: Trofeo.

Cota: 2 euros.

Advertencia: Os participantes na proba autorizan a publicación dos sus datos persoais nos diferentes medios que a organización considere oportunos para a necesaria difusión do evento (resultados, clasificacións, participantes... etc.) así como a súa presencia nas fotos realizadas cos mesmos propósitos.

A participación leva aparellada a aceptación destas normas.

Inscrición: Mediante formulario web PREME AQUI

Hai un límite de participantes de 40 xogadores


23 de novembro de 2016

25 ao 28 de novembro

Xadrez e xogos de mesa centran as actividades do fin de semana na Coruña. CIDU e INCUDE ofertan unha interesante actividade.

11 de novembro de 2016

Novembro. Día 11 San Martiño.

Castañas, noces e viño fan a ledicia do San Martiño.

Martiño de Tours, naceu en Sabaria, Panonia (hoxe Szombathely) Hungría no ano 316 e finou en Candes, Francia, no ano 397, é o patrón da diocese de Ourense.

Fillo dun tribuno militar romano, seguiu a carreira militar no exército romano, ocupación que abandonou con posterioridade para dedicarse á vida relixiosa.

O episodio de Amiens no que, ante a súplica dun mendigo, partiu a súa capa á metade con el é a primeira dunha interminable lista de historias relacionadas coa súa xenerosidade relatada por Sulpicio Severo na "Vida de San Martiño". O abandono do exército como consecuencia da súa conversión, cando as tropas de Xuliano o Apóstata se concentraban en Worms para a batalla contra os xermanos, provocoulle a acusación de covardía.

Sulpicio Severo descríbeo como un home alegre e indulxente, manso e forte, querido polas xentes sinxelas. Isto levou a que, con ocasión dunha visita á catedral de Tours para acudir a un enfermo, o pobo o aclamase como bispo. Contra súa vontade, por considerarse indigno de tal ministerio, foi elixido como bispo da cidade de Tours no ano 370. A representación que de el ás veces se fai cun ganso, deriva da lenda verbo deste episodio: fuxindo da multitude que o aclamaba, ocultouse onda un ganso que, ao grallar, revelou o seu agocho.

A todo porquiño chégalle o seu San Martíño é un dito que alude ao desexo de que cada cal recibirá no seu momento a resposta polos actos cometidos. A festividade se celebra o 11 de novembro e é cando ten lugar a matanza do porco.

14 de setembro de 2016

14 de setembro: Aniversario de Blanco Amor

Eduardo Blanco Amor

Eduardo Modesto Blanco Amor naceu en Ourense o 14 de setembro de 1897 e finou en Vigo o 1 de decembro de 1979, foi un escritor e xornalista galego e en 1993 foille adicado o Día das Letras Galegas.

Moita da súa educación non foi formal, pero que aprendeu pola súa conta lendo xornais. Frecuentou os faladoiros de Vicente Risco o que tivo trascendencia na súa adicación á promoción da cultura galega.
En 1919 emigrou a Buenos Aires, onde continuou en contacto con intelectuais galegos da emigración. En 1928 retornou durante un ano a Galicia onde coñeceu a Castelao e tratou a membros do Partido Galeguista e do grupo Nós.

Volveu a instalarse en España como correspondente de La Nación entre 1933 e 1935, e coñeceu en Madrid a Federico García Lorca, con quen tivo unha grande amizade. Blanco Amor foi o responsable de convencer a Lorca para que publicase os Seis poemas galegos (1935).

Defendeu denda Arxentina a legalidade republicana cando se produciu o estalido da guerra civil española. Durante os 20 anos seguintes utilizou unicamente o castelán na súa obra literaria. En 1956 volveu ao galego con Cancioneiro, e en 1959 publicou unha novela de extraordinaria importancia para a renovación da narrativa galega: A esmorga.

Retornou a Galicia o 16 de xaneiro de 1965, e publicou outra obra que tivo gran repercusión, o libro de relatos Os biosbardos (1962). A súa última etapa foi moi fecunda, a pesar de ser postergado pola cultura oficial. En 1972 apareceu a extensa novela Xente ao lonxe.

Foi un dos patróns da Fundación do Museo Carlos Maside.

12 de setembro de 2016

12 de setembro: Aniversario de Stanislaw Lem

Stanislaw Lem (12 de setembro de 1921 - 27 de marzo de 2006) foi un escritor polaco cunha obra caracterizaza polo seu ton satírico e filosófico. Os seus libros, entre os cales se atopan Ciberíada e Solaris, traducíronse a 40 linguas. É considerado como un dos maiores expoñentes do xénero da ciencia ficción e dos poucos que o logrou sen escribir en inglés.

Stanislaw Lem naceu en Leópolis, que até 1939 formaba parte de Polonia (agora Ucraína). Durante a guerra foi membro da resistencia. A súa familia, católica pero de ascendencia xudea, salvouse do Holocausto. Na Guerra traballou de soldador e mecánico, posto desde o cal realizaba algunhas accións de sabotaxe, aínda que el comentaba que a súa calidade como soldador era baixa, polo cal era fácil que houbese sabotaxe.

En 1948 abandonou a carreira de mediciña polas súas discrepancias ideolóxicas, evitando así a incorporación forzosa a filas como médico militar. Ese mesmo ano acabou a súa primeira novela, O hospital da transfiguración, que non publicará até 1955 por problemas coa censura comunista. A súa primeira obra publicada é Os astronautas (1951), de estilo utópico. Temas e influencias como a cibernética, que defende Lem, prohíbense por considerarse unha influencia negativa orixinada polo capitalismo.

Lem escribiu principalmente sobre o contacto entre humanos e civilizacións extraterrestres (Diarios das estrelas, A voz do seu amo, Fracaso), entre humanos e medios extraterrestres, sexan en parte obra de culturas (Edén, Diarios das estrelas), ou estraños ecosistemas (O Invencible ou Solaris, a súa novela máis coñecida), e sobre o futuro tecnolóxico (Fábulas de robots, Ciberíada, Paz na Terra).

Lem foi membro honorario da SFWA (escritores norteamericanos de ciencia ficción e fantasía) en 1973, pero foi expulsado en 1976 tras declarar que a ciencia-ficción estadounidense era de baixa calidade literaria e estaba máis interesada en aventuras que en desenvolver novas ideas ou formas literarias.

Faleceu o 27 de marzo do 2006 en Cracovia aos 84 anos de idade, despois dunha longa enfermidade coronaria.

Páxina web: http://spanish.lem.pl 

Pequeno texto no blog de Brigantium en 2013.

Pequeno texto no blog de Brigantium en 2014

Pequeno texto no blog de Brigantium en 2015

Pequeno texto no blog de Brigantium en 2016


20 de xullo de 2016

Viaxes e camiñatas en verán

A asociación INCUDE organiza varias viaxes que os recomendamos e que teñen en dúas modalidades; por un lado as realizadas en coches particulares nas que non hai cota, simplemente os gastos do combustible dos coches empregados e por outros os organizados en autobús, nos que pedimos unha pequena cantidade para axudar a cubrir gastos.

En todos os casos INCUDE promove a actividade pero as posibles cotas so inclúen as viaxes e non a comida nin outros gastos como entradas que son asumidos polos propios viaxeiros.

Sábado 23 de Xullo – Caaveiro

Sábado 30 de Xullo – Oseira, Carballiño e contorna.

Sábado 6 de Agosto – Pasatempo / Betanzos / Mariñán

Sábado 13 de Agosto – Sobrado dos Monxes

Sábado 20 de Agosto – Monumento Natural Costa de Dexo.


Sábado 27 de Agosto – Ortegal

Concretaremos en agosto os días e visitas do mes de Setembro

Fin de semana do 3 e 4 – Museo do Humor (Fene) e castelos.

Fin de semana do 10 e 11 – El Escorial (Madrid)

Fin de semana do 17 e 18 – Castro de Elviña




24 de maio de 2016

TORNEO DE PRIMAVERA DE XADREZ

Xa estamos a rematar este curso 2015-2016 e como peche o próximo fin de semana celébrase no Centro Comercial dos Rosales unha nova edición do Torneo de Xadrez de Primavera.

A actividade desenvolverase en dous días.

Desta maneira o venres 27 desde as 18,00 colocaranse unhas mesas para a disputa de partidas amigables e máis tarde, ás 20,00, iniciarase un torneo de partidas rápidas a cinco minutos que terminará unha hora máis tarde. Nesta proba os participantes xogarán nunha única categoría e haberá trofeos para o tres primeiros clasificados.

O sábado 28 disputarase o Torneo de Primavera no que poden participar todos os interesados no que os participantes serán divididos en categorías en función da súa idade; sub8, sub10, sub12, sub14 e absoluto.
As roldas terán lugar dende as 17,00 ás 19,30.

A participación é gratuita. Teremos trofeos para os tres primeiros de cada categoría e medallas para os xogadores sub14.

As inscricións poden realizarse no teléfono 981 150 168 ou no correo electrónico asociacion@palaestra.net

1 de febreiro de 2016

Entroido

Nestes primeiros días de febreiro, a Asociación Palaestra e o Sporting Club Casino temos as seguintes actividades de xadrez:

Luns 1: 20,30 en diante. Torneo Primeiro Luns, Torneo de Rápidas. Cota de 1 euro. Trofeo para o gañador.

Luns 8: 17,00 en diante. Torneo de Entroido sub14. Cota de 3 euros. Trofeo para os tres primeiros de cada categoría.