30 de decembro de 2013

Actividades da Semana


Actividades nesta semana, aproveitaremos para rematar as probas do Torneo de Xogos e Estratexia iniciado o pasado venres.

30/12/2013VIII TORNEO DE RAPIDAS LUDOwww.clubludo.com
02/01/2014XIX TORNEO ANINOVOhttp://estratexia.blogspot.com
03/01/2014XOGOS DE NAIPEShttp://estratexia.blogspot.com



25 de decembro de 2013

Actividades 26 ao 29 de nadal

Actividades que podes facer estes días.

A vindeira semana teremos mais torneos de xadrez e xogos de estratexia.

26/12/2013 TORNEO DE XADREZ NO CUR www.xadrezuniversitario.org
27/12/2013 XORNADA ESTRATEXIA NO CUR www.xadrecista.eu
28/12/2013 II TORNEO DE NADAL DE XADREZ www.deporcultura.eu
29/12/2013 TORNEO DE CARCASONNE NO CUR http://estratexia.blogspot.com

Tamén tes ocasión ata o día 29 de escribir un microrrelato de fútbol e o día 28 participar nun concurso de fotografía cultural aproveitando a celebración do Torneo de Nadal de Xadrez no MUNCYT.

17 de decembro de 2013

LXV Torneo de Navidad de Artesanos

Este ano corría risco de desaparecer o tradicional torneo de xadrez do Círculo de Artesanos da Coruña. Mais a nosa Sociedade acudiu ao rescate desta proba e con todo o apoio do Círculo presentamos a edición de 2013 deste Torneo que chega a súa edición 65.

LXV TORNEO DE NAVIDAD DE ARTESANOS

Datas de celebración: Sábado 21 e Domingo 22 de nadal de 2013.
Vai en parte coincidir coa celebración dos Torneos Provinciais nas categorías sub18 e sub14

Sistema: suízo a cinco roldas.

Rolda 1ª: Sábado ás 16:00
Rolda 2ª: Sábado ás 18:15
Rolda 3ª: Domingo ás 12:15
Rolda 4ª: Domingo ás 16:00
Rolda 5ª: Domingo ás 18:15

Ritmo de xogo: 40 minutos con incremento de 10 segundos por xogada. En caso de non ter reloxos dixitais suficientes (pola celebración simultánea dos devanditos torneos provinciais) o ritmo cambiará a 60 minutos finish.

Participantes: Tódolos interesados nunha soa categoría.

Cota de Inscrición: 4 euros (gratuito para socios de Artesanos e de Palaestra)

Xeito de Inscrición: Mediante correo electrónico (asociacion@palaestra.net) ou no teléfono 981 150 168.

Premios:
1º Clasificado: Trofeo + 40 euros
2º Clasificado: Trofeo + 30 euros
3º Clasificado: Trofeo + 20 euros
4º Clasificado: 10 euros

Sorteo dun premio de 10 euros entre as planiñas de partidas entregadas que recollan toda a partida (incluirá aos xogadores do sub18 e sub14 que o desexen).

Entrega de premios: Domingo ás 20,15 horas coincidindo co peche dos Torneos Provinciais

29 de novembro de 2013

Concurso de Relatos de Fútbol... participa!

O nome do concurso está collido dunha serie de artigos sobre o fútbol do escritor coruñés Wenceslao Fernández Flórez.

BASES DO CONCURSO DE RELATOS BREVES SOBRE FÚTBOL

1.- Poderán participar todos os autores que o desexen con microrrelatos en galego con un máximo de tres traballos inéditos por participante.

2.- O FUTBOL deberá estar presente en todos os relatos da presente convocatoria.

3.- Os microrrelatos terán unha extensión de ata 500 palabras, sen incluír o título. As obras virán redactadas en formato txt, odt, word, rtf ou pdf.

4.- Estes documentos enviaranse por correo electrónico a: actividades@deporcultura.com  en ficheiro adxunto. No corpo da mensaxe deben aparecer os seguintes datos: nome do autor, título do relato e un currículo moi breve, que inclúa a forma máis rápida de contacto.

5.- O prazo de admisión comezará o 15 de novembro e finalizará o 15 de decembro.

6.- O xurado será proposto polas entidades colaboradoras, actuando de secretario o presidente da Asociación convocante.

7.- O xurado dará a coñecer o seu veredicto o día 30 de decembro. O fallo será inapelable e publicitarase seguidamente a través das web oficiais, así como ao correo desde o que se remitiu o relato.

8.- As obras presentadas quedarán en poder dos convocantes, que se reservan o dereito da súa publicación, exposición e difusión, a través do seu sitio web ou doutros colaboradores citando sempre os datos do autor.

9.- Establécense dúas categorías.
a. Categoría absoluta.
b. Categoría xuvenil. Para os que non cumpriran 18 anos en 2013.

10.- Os mellores relatos serán publicados. Os seus autores recibirán exemplares do libro publicado e material promocional das entidades colaboradoras.

11.- A presentación a este concurso implica a aceptación destas bases. Os casos non previstos serán resoltos pola organización.

ORGANIZA: ASENCUDEGA

PATROCINA: Deputación da Coruña

COLABORAN: 
Fundación Wenceslao Fernández Flórez.
Deporcultura
Sociedade Cultural e Deportiva Palaestra
Club Deportivo Auténtico
Asociación Hercle

31 de outubro de 2013

SAMAIN

Aproveitando a ponte e festa de tódolos santos que recolle a pagana tradición do Samaín, convertida nos USA no Hallowen, achegamos algunhas suxerencias para facer estes días:

XOVES 31
A noite anterior ao 1 de novembro celébrabase o SAMAIN, parece que o nome provén do primeiro mes (Samonios) do calendario de Coligny. Era o principio de ano e para os escoceses eran os festexos da morte. É evidente que a festa foi reconducida á celebración do Día de Defuntos e de Todos os Santos.
O traballo principal era a recolleita de castañas, normalmente levada a cabo polos nenos. Celebrábase o magosto, con castañas, viño novo e queixo. Segundo Murguía as castañas e o viño simbolizan a morte e a vida. Unha tempada para xogar coas cabazas e as cabezas dos nabos, tallando caveiras.
Ás 19,30 abrimos o CUR. Un dos xogos que facían os celtas nesta festividade eran os xogos de lóxica, e que mellor que facer algo de xadrez.

VENRES 1
Torneo de Outono de Xadrez a partir das 18,00 no Sporting Club Casino da Rúa Real.

SABADO 2
Aproveita para visitar o Estadio de Riazor. As visitas son as 13,00 e o custe é de 4 euros por persoa con agasallo dun pin do Deportivo. José Alberto Ortega fará de guía durante unha hora, incluíndo algunhas zonas que cando vas a un partido non ves. Os que participaron no Rosario e no Torneo de Outono terán unha tarxeta coa que poderán obter dous libros de balde; un coa historia do Depor e outro sobre finais de xadrez.

20 de setembro de 2013

Queremos ideas!

Esta é a iniciativa de tres entidades que cumpren nesta nova tempada 25 anos; Asociación Hercle, Asociación Palaestra e Asociación Galega de Axedrecistas.

1. Búscase que os socios e simpatizantes propoñan actividades para realizar nesta temporada.

2. É valida calquera idea en cultura, deporte e ocio en xeral, decidindo as tres entidades cales se levan a cabo.

3. A partir do 20 de setembro empezará o prazo para aportar estas ideas que rematará no Nadal.

4. As actividades iranse desenvolvendo dende o 1 de novembro de 2013 e ata finais de 2014. Polo tanto as primeiras suxerencias recibidas serán realizadas en novembro e decembro deste ano.

5. As propostas poden enviarse a:
- actividades@deporcultura.com
- entregarse por escrito en calquera das actividades das entidades sinaladas
- Asociación Palaestra. Apartado de Correos 763. 15080 A Coruña.

Hai unha serie de tarxetas realizadas para a ocasión que poden empregarse para facer os resumes das suxerencias.

6. Valorase o baixo custe e a fácil realización por socios e simpatizantes.

7. os autores das proposta escollidas, que serán un máximo de 50, percibirán un pequeno agasallo por colaborar nesta acción. Pero en calquera caso o importante é que a xente participe.

31 de xullo de 2013

Día de Lugnasad

Lugnasad ou Lughnasadh
(mitoloxía celta e Wicca)

Lug, o gran deus celta, foi asimilado ao Mercurio romano. A festa foi probablemente cristianizada na Asunción. Nas illas de Man o Lugnasad celebrábase o domingo seguinte ao 12 de agosto.

O nome significa xogos ou asemblea de Lug. En textos irlandeses fálase de gran variedade de xogos.

Brandub parece ser un xogo similar ás damas ou ao xadrez.

Os banquetes eran importantes como forma de unión da tribo ou a aldea e ademais servían para redistribuír os botíns. Nestes era importante a presenza dos bardos, do viño, a cervexa e o hidromel.

9 de xullo de 2013

Propostas segunda semana xullo 2013

Ideas a facer esta semana (do 8 ao 14 de xullo):

Luns

Martes
Actividades en Sada.

Mércores
Visita ao Castelo de San Antón. 17,00 horas
Xornadas de Finais no Casino. 19,00 horas.

Xoves

Venres
Actividades no CUR dende 19,30
Inicio do minicircuito de xogos de Naipes

Sábado
Posibles actividades de Age of Empires

Domingo
Visita ao Pazo de Mariñán (17,00 - 18,00 -19,00)

E podes aproveitar para visitar o Estadio de Riazor. De luns a venres ás 13,00, 18,00 e 19,00 e sábados ás 13,00.

E se es socio do Sporting Club Casino, todos os días de luns a venres hai actividades de xadrez pola mañán (11,00 a 14,00) nas instalacións da Zapateira.

1 de xullo de 2013

Propostas primeira semana xullo 2013

Ideas a facer esta semana (do 1 ao 7 de xullo):

Luns
Torneo de Xadrez Primeiro Luns do Mes no Casino. 19,30 horas.

Martes
Actividades en Sada.

Mércores
Xornadas de Finais no Casino. 19,00 horas.

Xoves
Visita ao Castro de Elviña. 11,30 horas

Venres
Actividades no CUR dende 19,30
Inicio do minicircuito de xogos de Naipes

Sábado
Posible celebración do Match

Domingo
Visita ao Pazo de Mariñán (17,00 - 18,00 -19,00)

E podes aproveitar para visitar o Estadio de Riazor. De luns a venres ás 13,00, 18,00 e 19,00 e sábados ás 13,00.

17 de maio de 2013

XXIV Aniversario de Palaestra.

En 2013 estamos a cumprir 24 anos. Será o 18 de maio. E a partir de ai teremos que ir pensando se celebramos dalgún xeito especial os vinte e cinco anos da asociación que coincidirá tamén cos mesmos anos de dúas entidades promovidas dende Palaestra; a Federación Galega de Béisbol e a Asociación Galega de Axedrecistas.

Pero neste 2013 imos facer algo sinxelo:

Día 17 de maio.
Venres. No CUR.

Carcasonne.
Aqueles que queiran vir a coñecer este xogo. Dende ás 17,30 estaremos no CUR con él.

Torneo de Xadrez.
Suizo a 5 roldas
Ritmo de 15 minutos por xogador.
Roldas ás 19,00; 19,30; 20,00; 20,30 e 21,00
Entrega de premios ás 21,30
Trofeos para os tres primeiros clasificados.
Cota única de inscrición de 2 euros.