27 de novembro de 2023

XII TORNEO DE NADAL

Neste 2023 o noso torneo de xadrez vaise adiantar un pouco, xa que estimamos que ñe mellor que non sexa na ponte.
Por este motivo será o sábado 2 de nadal, cando celebraremos a decimosegunda edición do noso Torneo de Xadrez. Tras a primeira edición no Playa Club e as dúas seguintes no MUNCYT, repetimos de novo na que ven sendo a nosa casa dende hai xa 9 anos, no Centro Comercial Los Rosales, onde os xogadores de calquera idade poderán disputar as partidas deste torneo grazas as actividades de xadrez da SCD Palaestra con axuda da Deputación da Coruña.

En próximos días informaremos tamén da edición do Torneo de Nadal lóstrego.

Toda a información aparece no cartel que acompaña esta nova.

Nome do Torneo: XII TORNEO DE NADAL

Data: 2 de decembro de 2022.

Lugar: Centro Comercial Los Rosales. A Coruña.

Hora de inicio: 17,00 (Hai que presentarse antes para confirmar a asistencia).

Hora de entrega de premios aproximada: 20,00.

Sistema de xogo: Suízo a 6 roldas.

Desempates: A sortear tras a derradeira rolda.

Ritmo de xogo: 10 minutos mais 3´´ incremento (os organizadores poden non poñer reloxos nalgunha das categorías, especialmente sub8 e colocar só nas partidas que se alonguen).

Horario das roldas: 17,00 / 17,30 / 18,00 / 18,30 / 19,00 / 19,30.

Categorías: Absoluta, Sub14, Sub12, Sub10 e Sub8.

Premios:

En cada categoría:
1º Clasificado: Trofeo.
2º Clasificado: Trofeo.
3º Clasificado: Trofeo.

Os participantes nas categorias inferiores recibirán unha medalla por participar.

Cota: A cota de participación do torneo consistirá nun quilo de pasta ou arroz.
(De xeito voluntario os participantes poden colaborar entregando mais comida).

Advertencia: Os participantes na proba autorizan a publicación dos sus datos persoais nos diferentes medios que a organización considere oportunos para a necesaria difusión do evento (resultados, clasificacións, participantes... etc.) así como a súa presencia nas fotos realizadas cos mesmos propósitos.

A participación leva aparellada a aceptación destas normas.

Inscrición: a través desta ligazón... PREME

En principio non se establece un límite de participantes, se ben estimamos un máximo duns 100 xogadores.

21 de novembro de 2023

Xadrez no CC Los Rosales

Ata final de ano imos ter varias actividades na Sala do Centro Comercial Los Rosales.

NOVEMBRO

Martes 21: Martes de xadrez ás 19,00

Sábado 25: Torneo de AGAX

Martes 28: Martes de xadrez ás 19,00

DECEMBRO

Sábado 2: Torneo de Nadal

Martes 5: Martes de xadrez ás 19,00

Martes 12: Martes de xadrez ás 19,00

Martes 19: Martes de xadrez ás 19,00

E xa nos díás das vacacións escolares festas como outros anos realizaremos distintas actividades.

Permanece atento ás nosas redes sociais para coñecer as bases dos torneos.