En varios sitios derivou á Candeloria e ao San Brais.
Cando a Candeloria chora, medio inverno vai fóra; que chore, que deixe de chorar, mitá do inverno está por pasar.
Cando a Candeloria chora a mitá do inverno está fóra; se chora ou ri, o inverno está por vir, e se chora ou fai vento, inda o inverno está dentro.
O día da Candelaria, si chora ou venta, inverno entra. E si non venta nin chora, inverno fóra.
A festa do Imbolc é un culto de tipo agrario no que valorábase a función produtiva, coincidindo tamén coa chegada do período de lactación das ovellas, aprestas a dar a luz na primavera. De feito na lingua irlandesa é o "no embigo" (i mbolg), referíndose á xestación das ovellas. Esta festividade está relacionada tamén co leite, polo que é tradición comer queixo e produtos lácteos, e beber leite.
Imbolc é un dos catro principais festivais do calendario celta, asociado co ritual da Fertilidade, un do oito días festivos (catro solares e catro lunares) do ano neopagano. En Escocia o festival é tamén coñecido como Latha Fhèill Brìghde, en Irlanda como Lá Fhéile Bríde e en Gales como Gwyl Ffraed.
O Imbolc é evidente no folclore de Irlanda e Escocia, ademais de estudos comparativos de costumes similares en Escandinavia. Isto pode variar até dúas semanas antes ou despois do comezo de febreiro. Durante a súa época de influencia celébrase normalmente unha das festas máis importantes de Galicia: o entroido.
Festividade dedicada á deusa Brigit, señora da mediciña, as artes e a profecía cristianizada en Santa Brígida, a segunda patroa de Irlanda.
Santa Bríxida de Irlanda ou Brígida de Kildare, naceu en 451 en Faughart preto de Dundalk en Irlanda, e morreu en 525 en Kil Dara. Un rei pagán escocés foi o pai de Brígida e a súa nai era unha escrava cristiá, bautizada por San Patricio. Foi chamada así segundo a divindade feminina "Brigid" dos Celtas. Construiu unha cela baixo a sombra dun gran carballo ao redor da cal varias mulleres reunironse e tomarona por nai. Así queda fundado un convento ao redor do cal se forma a cidade de Kildare. É o primeiro mosteiro dobre de Europa: agrupaba a relixiosas e relixiosos. Faleceu en Kildare e foi enterrada en Downpatrick cos santos Patricio e Columba de Iona, cos que comparte o patronazgo de Irlanda. Existe obviamente unha controversia sobre a evidencia histórica de Brígida, xa que hai feitos conflitivos sobre a súa vida. É probable que a santa fose sincretizada con trazos da deusa pagá Brigid.
Os neopaganos celebran a Wicca, unha variación de Imbolc como un dos catro festivais de lume, que forman parte dos oito aquelarrres (sabbats) da Roda do Ano. Noutros estilos de Wicca é momento para rededicaciones e promesas para o ano vindeiro.
Ningún comentario:
Publicar un comentario