29 de outubro de 2015

SAMAIN 2015

Xornadas Especiais: Samaín 2015

Samain é a noite anterior ao 1 de novembro.
A festividade debería chamarse mais xaun ou xauen, que sería a pronuncia de Samaín en gaélico.
Parece que o nome provén do primeiro mes (Samonios) do calendario de Coligny. Era pois o principio de ano. SAMAIN/SAMHAIN a noite do 31 de outubro, na que se abren as portas a mundos paralelos e o período de introspección. Hai un paralelismo co que sucede fóra; o sol perde forza, hai menos luz e os ritmos de crecemento da natureza son mais lentos. Os celtas celebraban co Samaín o paso do ano, a fin do tempo das colleitas e o comezo do inverno e, con el, do ano novo.
O Samaín era o momento no que as ánimas dos mortos retornaban ás súas casas para visitar os familiares aínda vivos. Nesta visita aproveitaban para buscar alimento e quentarse co lume da lareira, polo que era costume deixar o lume aceso nesta noite e nunca varrer a lareira para non afastar as ánimas; por veces tamén se deixaba unha cadeira baleira, co seu servizo de comida e bebida, para que as ánimas se achegasen á mesa familiar.
Coincidía así, nesta noite do 31 de outubro ao 1 de novembro e tamén ao 2 de novembro, a festa do paso dun ano a outro, co momento da apertura ás ánimas do outro mundo. A festa foi reconducida á celebración do Día de Defuntos e de Todos os Santos, co costume de visitar o cemiterio, un día de recollemento e espiritualidade para os crentes.
Polo Samaín era costume baleirar nabos de gran tamaño para pórlles dentro candeas. En Galicia tamén ás veces nabos no canto de cabazas, e así o refrán di: Polo tempo de tódolos Santos mira os nabos; se fosen bos, di que son malos. E así usalos para isto. Poñíanse candís en nabos ou cabazas ocos e colocábanse nas xanelas para escorrentar aos malos espíritos. Ou se saía aos camiños para meter medo. Pode que isto proceda dun costume de certos guerreiros de facer o mesmo nas caveiras dos inimigos vencidos.
A tradición puido ter sido exportada aos Estados Unidos de América polos irlandeses coas migracións e a tradición tería continuidade nas festas de Halloween.
Na festa celta a importancia era tal que estaba penada a ausencia. O punto principal era a celebración do gran banquete. Entre outras moitas celebracións facíanse xogos de adiviñas. Facíase a recolleita de castañas, normalmente polos nenos, e celebrábase o magosto, probablemente o herdeiro directo en Galicia desta festividade, coas castañas, viño novo e queixo e as festas nas fragas cos aturuxos. Segundo Murguía as castañas e o viño simbolizan a morte e a vida.

Venres 30.
Na Mitoloxía celta é o Día de Morrigan, patroa de sacerdotisas e bruxas.
No Centro Universitario de Riazor:
16,30 – 18,30: Chess & English.
20,00 – 21,00: Torneo de Rápidas.

Sábado 31.  
Tal día coma hoxe, en 1892 nacía Alekhine.
Pendente de confirmar: Torneo de FischerRandom.
13,00 – 14,00: Escola de Béisbol no Frontón da Torre (A Coruña).
16,15 – 20,15: No Forum proxectan as curtametraxes do FKM.

Domingo 1.
Samaín – Tódolos Santos

Luns 2.
Día de Finados ou de Defuntos
19,30 – 20,30: Torneo Tódolos Santos no Sporting Club Casino.

9 de outubro de 2015

Creación de Amigos do Maside

Neste mes de outubro Palaestra ten a idea dunha doble actividade pero relacionada; a creación dunha asociación de Amigos do Museo Carlos Maside e tamén comenzar a celebrar o LXXV Aniversario de Os Vellos non deben namorarse de Castelao.

A obra de Castelao estreouse en agosto de 1941 e as máscaras empregadas están no Museo Carlos Maside, no Castro, Sada.

O día 24 de outubro cumpriranse coarenta anos dende un acto celebrado en Sada na que o actor Tacholas declamou os textos que representara na estrea e regalou ao Museo as máscaras e mais material de Castelao relacionado coa mesma.

Estaremos encantados de escoitar propostas dos socios.

31 de xullo de 2015

Lugnasaad

Festividade celebrada o 1 de agosto, e na noite anterior a ese día.

Tamén chamada Lammas era unha festa dedicada ao deus Lugh, divindade solar, dispensador de sabedoría. É a festa celta da prosperidade. Nesta data celebraban nupcias dun ano e un día e podían renovarse cada ano nesta data. Período de tregua militar e celebración da colleita. A natureza desprega a súa abundancia e prosperidade.

Lugh, o Deus solar, era fillo de Kian e Ethlinn.
Cóntase que Kian tiña unha vaca máxica que podía dar leite en abundancia.
Balor, aproveitándose das súas artes máxicas, rouboulla e Kian enfureceu e pediu axuda a un druída para vingarse. A filla de Balor vivía nunha torre totalmente illada da civilización e custodiada por mulleres para que non coñecese nunca a algún home. Isto era asi porque Balor escoitara unha profecía que dicía que seria asasinado polo seu neto. O druída enfeitizou ás gardiás da torre e así Kian entrou e coñeceu á fermosa Ethlinn e posuíuna. Desta experiencia nacerían trillizos.
Balor enfurecido mandou afogar aos nenos pero un salvouse e foi coñecido como Lugh.

Lugh foi asimilado ao Mercurio romano. A festa foi probablemente cristianizada na Asunción. Nas illas de Man o Lugnasaad celebrábase o domingo seguinte ao 12 de agosto. O nome significa xogos ou asemblea de Lugh. En textos irlandeses fálase de gran variedade de xogos. Brandub parece ser un xogo similar ás damas ou ao xadrez. Os banquetes eran importantes como forma de unión da tribo ou a aldea e ademais servían para redistribuír os botíns. Nestes era importante a presenza dos bardos, do viño, a cervexa e o hidromel.

Verémonos á noitiña xunto ao lume, debaixo do carballo mentres o bufo ulula baixo o ceo cheo de estrelas e o lobo aúlla no bosque próximo. Que Lug protéxavos!