23 de novembro de 2016

25 ao 28 de novembro

Xadrez e xogos de mesa centran as actividades do fin de semana na Coruña. CIDU e INCUDE ofertan unha interesante actividade.

11 de novembro de 2016

Novembro. Día 11 San Martiño.

Castañas, noces e viño fan a ledicia do San Martiño.

Martiño de Tours, naceu en Sabaria, Panonia (hoxe Szombathely) Hungría no ano 316 e finou en Candes, Francia, no ano 397, é o patrón da diocese de Ourense.

Fillo dun tribuno militar romano, seguiu a carreira militar no exército romano, ocupación que abandonou con posterioridade para dedicarse á vida relixiosa.

O episodio de Amiens no que, ante a súplica dun mendigo, partiu a súa capa á metade con el é a primeira dunha interminable lista de historias relacionadas coa súa xenerosidade relatada por Sulpicio Severo na "Vida de San Martiño". O abandono do exército como consecuencia da súa conversión, cando as tropas de Xuliano o Apóstata se concentraban en Worms para a batalla contra os xermanos, provocoulle a acusación de covardía.

Sulpicio Severo descríbeo como un home alegre e indulxente, manso e forte, querido polas xentes sinxelas. Isto levou a que, con ocasión dunha visita á catedral de Tours para acudir a un enfermo, o pobo o aclamase como bispo. Contra súa vontade, por considerarse indigno de tal ministerio, foi elixido como bispo da cidade de Tours no ano 370. A representación que de el ás veces se fai cun ganso, deriva da lenda verbo deste episodio: fuxindo da multitude que o aclamaba, ocultouse onda un ganso que, ao grallar, revelou o seu agocho.

A todo porquiño chégalle o seu San Martíño é un dito que alude ao desexo de que cada cal recibirá no seu momento a resposta polos actos cometidos. A festividade se celebra o 11 de novembro e é cando ten lugar a matanza do porco.

14 de setembro de 2016

14 de setembro: Aniversario de Blanco Amor

Eduardo Blanco Amor

Eduardo Modesto Blanco Amor naceu en Ourense o 14 de setembro de 1897 e finou en Vigo o 1 de decembro de 1979, foi un escritor e xornalista galego e en 1993 foille adicado o Día das Letras Galegas.

Moita da súa educación non foi formal, pero que aprendeu pola súa conta lendo xornais. Frecuentou os faladoiros de Vicente Risco o que tivo trascendencia na súa adicación á promoción da cultura galega.
En 1919 emigrou a Buenos Aires, onde continuou en contacto con intelectuais galegos da emigración. En 1928 retornou durante un ano a Galicia onde coñeceu a Castelao e tratou a membros do Partido Galeguista e do grupo Nós.

Volveu a instalarse en España como correspondente de La Nación entre 1933 e 1935, e coñeceu en Madrid a Federico García Lorca, con quen tivo unha grande amizade. Blanco Amor foi o responsable de convencer a Lorca para que publicase os Seis poemas galegos (1935).

Defendeu denda Arxentina a legalidade republicana cando se produciu o estalido da guerra civil española. Durante os 20 anos seguintes utilizou unicamente o castelán na súa obra literaria. En 1956 volveu ao galego con Cancioneiro, e en 1959 publicou unha novela de extraordinaria importancia para a renovación da narrativa galega: A esmorga.

Retornou a Galicia o 16 de xaneiro de 1965, e publicou outra obra que tivo gran repercusión, o libro de relatos Os biosbardos (1962). A súa última etapa foi moi fecunda, a pesar de ser postergado pola cultura oficial. En 1972 apareceu a extensa novela Xente ao lonxe.

Foi un dos patróns da Fundación do Museo Carlos Maside.