24 de outubro de 2022

Bica Pawn

Os xogadores da nosa escola de xadrez no Casino foron convidados a participar nun interesante torneo en taboleiros xigantes durante o Peón Bica.

Como en escolares, formaron parte do equipo Xadrez das Mariñas, formado por nove xogadores, tres dos cales eran membros do Casino. 

Ademais tamén foron dous xogadores do CIDU que participan a cotío nas nosas escolas en Los Rosales, polo que finalmente 5 dos 9 membros teñen relación coas nosas dúas escolas.

Agardamos que o pasarades ben,

20 de outubro de 2022

Álvaro Roget gaña o martes

Nas nosas actividades de xadrez co apoio da Deputación da Coruña no Centro Comercial Los Rosales temos decidido facer un torneo nas accións semanais dos "martes de xadrez".

Un suizo a cinco roldas e un ritmo de xogo de 5 minutos deparou como primeiro vencedor a Álvaro Roget.

26 de setembro de 2022

Clases gratuitas de xadrez

Coa colaboración da Deputación da Coruña imos dar inicio aos Martes de Xadrez, que consistirán nunhas clases gratuítas para calquera interesado. 

Horario de 19,00 a 20,30 horas na Sala de Xadrez do Centro Comercial Los Rosales. 

As clases dividiranse en dous partes, a primeira duns 30 minutos cunha pequena explicación teórica e o resto para xogar partidas libres.

Días de actividade: 

Setembro: 27/09/2022

Outubro: 04/10/2022, 11/10/2022, 18/10/2022 e 25/10/2022

Novembro: 01/11/2022, 08/11/2022, 15/11/2022, 22/11/2022 e 29/11/2022

Decembro: 13/12/2022 e 20/12/2022