Día dos enganos en Galicia e noutros países; di o refrán O un de abril van os burros onde non deben ir.
En 1564 o rei francés Carlos IX decidiu adoptar o calendario gregoriano. Entón, o ano pasou a celebrarse o día 1 de xaneiro, como ata o día de hoxe. Pero na época moitos non aceptaron o cambio e continuaron festexando na data antiga, en abril. Así que algúns enviaban aos máis tradicionalistas invitacións para festas que non existían e agasallos co obxectivo de ridiculizalos por non querer a nova data. Estas brincadeiras espallaronse por diversos países.
1 de abril de 2015
1 de marzo de 2015
Vindeiras actividades
Torneo de Xadrez Primeiros Luns
Este luns, día 2, temos o Torneo Primeiro Luns, a celebrar no Sporting
Club Casino ás 20,30.
Coma sempre un torneo de partidas rápidas de balde para socios do Casino,
de AGAX e de Palaestra.
Trofeo para o vencedor
CAMIÑO DE SANTIAGO
A Asociación universitaria INCUDE está a programar como actividade realizar
un tramo do Camiño de Santiago.
Participa na enquisa e así poderán facer un proxecto mais axeitado
BEISBOL
Por outra banda o vindeiro fin de semana comeza a Liga de Béisbol.
Nestes días andamos a traballar nun novo proxecto de béisbol xuntando a
diferentes entidades.
Nesta competición en principio será o equipo Druidas a nosa
referencia.
Recibe o domingo ao Junior de Asturias.
2 de febreiro de 2015
2 de Febreiro. Día da Candeloria
Nosa Señora da Candeloria.
Día das Candeas ou Día da Candeloria (forma galega que foi substituída no uso pola castelá Candelaria). Existe o costume de bendicir as candeas na misa que se celebra neste día, candeas que logo se gardan na casa como protección contra o trono e para axudar a ben morrer ós moribundos, a quen se lles pon unha na man xunto a outras cousas santas.
É tradicional ver neste día unha festa do amor entre os paxaros. Pola Candeloria casan os paxariños e vaise a galiñola. En San Domingos de Bonaval celebrábase unha misa na que casaban dúas pombas, que se ceibaban ó rematar.
O tempo que faga o día da Candeloria prognostica o que vai facer: Se treboa de entre a Candeloria e a Anunciación, corenta días máis de inverno son.

Subscribirse a:
Publicacións (Atom)