21 de xaneiro de 2022

XADREZ OS VENRES

CLASES GRATUÍTAS E TORNEOS.


Clases para calquera interesado sub14 (nacidos en 2008 ou seguintes). Clases de nivel básico para os que están aprendendo a xogar.

Serán os venres de 18,00 a 19,30, cun máximo de 8 persoas.

Nos torneos, a celebrar ás 18,30 o máximo de participación será de 16 xogadores.

Días de actividade:
Primeiro trimestre: 21 e 28 de xaneiro / 4, 11 e 18 de febreiro / 4, 11 e 18 de marzo 

Nos torneos Palaestra entregará unha máscara FFP2 aos asistentes e distintos premios segundo o número de torneos que cada xogador dispute. 

No primeiro torneo disputado ademais da máscara FFP2 entregaremos un libro de xadrez básico.
No segundo torneo disputado ademais da máscara FFP2 entregaremos un pequeno bote de xel.
No terceiro torneo disputado ademais da máscara FFP2 entregaremos unha máscara con xadrez.
No cuarto torneo disputado ademais da máscara FFP2 entregaremos unha gorra de Palaestra.
No quinto torneo disputado ademais da máscara FFP2 entregaremos unha mochila de cordóns.
No sexto torneo disputado ademais da máscara FFP2 entregaremos un avion de foam.
No séptimo torneo disputado ademais da máscara FFP2 entregaremos uns auriculares.
No octavo torneo disputado ademais da máscara FFP2 entregaremos un pack de chaveiro e bolígrafo.

As clases son de balde e para participar nos torneos pedimos que cada xogador aporte 1 kilo de comida non percedeira (pasta, arroz...)

Ningún comentario:

Publicar un comentario