26 de xuño de 2015

I TORNEO DE JUGGER

Palaestra e Hercle organizan, grazas á Asociación Coruñesa de Jugger o I Torneo de Jugger, que será unha xornada de difusión desta modalidade.

Aproximadamente un centenar de participantes asistirán a esta primeira edición que terá lugar na Cidade Deportiva da Torre na Coruña. (Unha vez mais a Area de Deportes da Universidade non foi capaz de darlle uso as súas infrautilizadas instalacións).

A proba empezará ás 10,00 e rematará en torno ás 20,00 horas, coa entrega de premios.

Sorteo dos grupos á cargo a Asociación Coruñesa de Jugger preme aqui.

21 de xuño de 2015

I MEMORIAL MARCO RODRIGUEZ CORBELLE

As asociacións Palaestra e Hercle uníronse para organizar un mercido homenaxe a Marco Rodríguez Corbelle (1977-2011) xogador de béisbol de diferentes equipos.

A xornada consistiu nun pequeno partido entre os Druídas BC, único club coruñés na actualidade con actividade federada e que acaba de proclamarse campión do seu grupo en Liga Nacional e unha selección de xogadores que compartiron equipo con Marco en Panteras (o equipo da Asociación Palaestra), Universidade e Tiburones (equipos estes promovidos por Hercle no seu momento).

As camisetas foron protagonistas do acto, tanto pola variedade das que luciron os excompañeros de Marco, como pola recuperación dos almacéns de Palaestra da camiseta que o propio Marco utilizou no Campionato de España de 1993. Os presentes asinaron a camiseta que foi entregada aos irmáns do homenaxeado que ao final do acto remitiron unha foto co fillo de Marco coa camiseta que utilizou o seu pai aos dieciseis anos.

Aproveitando este acto as dúas entidades consolidaron a súa idea de colaborar en volver facer crecer o béisbol coruñés. A outra entidade implicada, o Druídas BC, estudará nos próximos días sumarse a este proxecto. En calquera caso o presidente actual da entidade, Juan Manuel Losada, xa indicou que a súa disposición persoal era a de sumarse á iniciativa.

O memorial Marco Rodríguez será organizado cada ano, cunha actividade lúdica de promoción deste deporte.

Aínda que o resultado do partido era o de menos o resultado final foi unha axustada vitoria dos veteranos compañeiros de Marco.



17 de xuño de 2015

Torneo de Béisbol Memorial Marco Rodríguez

As asociacións Palaestra e Hercle organizan en colaboración con Druidas e a Universidade da Coruña o I Memorial Marco Rodríguez.

Marco Rodríguez foi xogador de Panteras e de Tiburones-Universidade.

Será ás 11,00 horas o vindeiro sábado día 20, no Estadio Universitario de Elviña.