21 de xuño de 2015

I MEMORIAL MARCO RODRIGUEZ CORBELLE

As asociacións Palaestra e Hercle uníronse para organizar un mercido homenaxe a Marco Rodríguez Corbelle (1977-2011) xogador de béisbol de diferentes equipos.

A xornada consistiu nun pequeno partido entre os Druídas BC, único club coruñés na actualidade con actividade federada e que acaba de proclamarse campión do seu grupo en Liga Nacional e unha selección de xogadores que compartiron equipo con Marco en Panteras (o equipo da Asociación Palaestra), Universidade e Tiburones (equipos estes promovidos por Hercle no seu momento).

As camisetas foron protagonistas do acto, tanto pola variedade das que luciron os excompañeros de Marco, como pola recuperación dos almacéns de Palaestra da camiseta que o propio Marco utilizou no Campionato de España de 1993. Os presentes asinaron a camiseta que foi entregada aos irmáns do homenaxeado que ao final do acto remitiron unha foto co fillo de Marco coa camiseta que utilizou o seu pai aos dieciseis anos.

Aproveitando este acto as dúas entidades consolidaron a súa idea de colaborar en volver facer crecer o béisbol coruñés. A outra entidade implicada, o Druídas BC, estudará nos próximos días sumarse a este proxecto. En calquera caso o presidente actual da entidade, Juan Manuel Losada, xa indicou que a súa disposición persoal era a de sumarse á iniciativa.

O memorial Marco Rodríguez será organizado cada ano, cunha actividade lúdica de promoción deste deporte.

Aínda que o resultado do partido era o de menos o resultado final foi unha axustada vitoria dos veteranos compañeiros de Marco.



17 de xuño de 2015

Torneo de Béisbol Memorial Marco Rodríguez

As asociacións Palaestra e Hercle organizan en colaboración con Druidas e a Universidade da Coruña o I Memorial Marco Rodríguez.

Marco Rodríguez foi xogador de Panteras e de Tiburones-Universidade.

Será ás 11,00 horas o vindeiro sábado día 20, no Estadio Universitario de Elviña.

26 de maio de 2015

TORNEO DE PRIMAVERA DE XADREZ

O Centro Comercial Los Rosales albergará o vindeiro fin de semana (venres e sábado) o Torneo de Primavera de Xadrez que organizado pola SCD Palaestra se desenvolverá en dúas xornadas, dedicada a primeira do venres ao xadrez rápido e a segunda do sábado a xogadores menores de 14 anos.

VENRES 29 DE MAIO

Desde as 18,00 horas haberá mesas para xogar ao xadrez.

TORNEO DE PRIMAVERA DE RÁPIDAS

HORARIO: Empezará ás 20,00 horas e terminará ás 21,00. A entrega de premios será a continuación.
SISTEMA DE XOGO: Torneo suízo a cinco roldas, con ritmo de xogo de 5 minutos finish.
CATEGORÍAS: Haberá unha soa categoría.

SÁBADO 30 DE MAIO

TORNEO DE PRIMAVERA DE XADREZ SUB 14

HORARIO: Empezará ás 17,00 horas e terminará ás 19,30. A entrega de premios será a continuación.
SISTEMA DE XOGO: Torneo suízo a cinco roldas, con ritmo de xogo de 15 minutos finish.
CATEGORÍAS: sub14, sub12, sub10 e sub8.

INSCRIPCIONS E PREMIOS:

A inscrición é gratuíta. Pode realizarse por correo electrónico asociacion@palaestra.net ou por teléfono 881 94 19 29. Haberá trofeos para o tres primeiros de cada categoría e medalla para todos os participantes no sub14.