18 de decembro de 2014

TORNEO DE NAVIDAD

O 21 de decembro a nosa Asopciación organiza o TORNEO DE NAVIDAD.
Será a partir das 17,00 horas no Sporting Club Casino.
A nosa idea era repetir a celebración en Artesanos pero finalmente polas datas e comodidade decidimos que se realizara no Casino.
Categorías: sub14 e Absoluta.
Horario: 17,00 – 17,45 – 18,30 – 19,15 – 20,00
Cota de participación: 2 euros.
Hai trofeo para os tres primeiros clasificados das dúas categorías e medalla para os xogadores sub14.

Ademais o luns 22, no mesmo sitio teremos un Torneo de Rápidas.
A cota de participación neste caso será de 1 euro e haberá trofeos para os tres primeiros.

7 de novembro de 2014

Hercle e Palaestra xuntos no XXV Aniversario

Hai 25 anos, en 1989 creouse a Asociación Hercle, pouco tempo despois naceu a Sociedade Cultural e Deportiva Palaestra.

Dende o primeiro momento a súa idea foi colaborar nas actividades e complementarse mesmo a pesar de ser rivais en deportes como o béisbol.

Pasados estes vinte e cinco anos, a idea segue a ser a mesma.

Hercle ven de reformar os seus estatutos para convertirse nunha asociación universitaria e para a Feira de Asociacións universitarias Palaestra colaborou con Hercle facendo un stand dinámico no que apoiar a promoción do béisbol e do jugger.

29 de outubro de 2014

SAMAIN

Xornadas Especiais: Samaín 2014
(Preme para calendario 2014)

Samain é a noite anterior ao 1 de novembro.
A festividade debería chamarse mais xaun ou xauen, que sería a pronuncia de Samaín en gaélico.
Parece que o nome provén do primeiro mes (Samonios) do calendario de Coligny. Era pois o principio de ano. SAMHAIN a noite do 31 de outubro, na que se abren as portas a mundos paralelos e o período de introspección. Hai un paralelismo co que sucede fóra; o sol perde forza, hai menos luz e os ritmos de crecemento da natureza son mais lentos. Os celtas celebraban co Samaín o paso do ano, a fin do tempo das colleitas e o comezo do inverno e, con el, do ano novo.
O Samaín era o momento no que as ánimas dos mortos retornaban ás súas casas para visitar os familiares aínda vivos. Nesta visita aproveitaban para buscar alimento e quentarse co lume da lareira, polo que era costume deixar o lume aceso nesta noite e nunca varrer a lareira para non afastar as ánimas; por veces tamén se deixaba unha cadeira baleira, co seu servizo de comida e bebida, para que as ánimas se achegasen á mesa familiar.
Coincidía así, nesta noite do 31 de outubro ao 1 de novembro e tamén ao 2 de novembro, a festa do paso dun ano a outro, co momento da apertura ás ánimas do outro mundo. A festa foi reconducida á celebración do Día de Defuntos e de Todos os Santos, co costume de visitar o cemiterio, un día de recollemento e espiritualidade para os crentes.
Polo Samaín era costume baleirar nabos de gran tamaño para pórlles dentro candeas. En Galicia tamén ás veces nabos no canto de cabazas, e así o refrán di: Polo tempo de tódolos Santos mira os nabos; se fosen bos, di que son malos. E así usalos para isto. Poñíanse candís en nabos ou cabazas ocos e colocábanse nas xanelas para escorrentar aos malos espíritos. Ou se saía aos camiños para meter medo. Pode que isto proceda dun costume de certos guerreiros de facer o mesmo nas caveiras dos inimigos vencidos.
A tradición puido ter sido exportada aos Estados Unidos de América polos irlandeses coas migracións e a tradición tería continuidade nas festas de Halloween.
Na festa celta a importancia era tal que estaba penada a ausencia. O punto principal era a celebración do gran banquete. Entre outras moitas celebracións facíanse xogos de adiviñas. Facíase a recolleita de castañas, normalmente polos nenos, e celebrábase o magosto, probablemente o herdeiro directo en Galicia desta festividade, coas castañas, viño novo e queixo e as festas nas fragas cos aturuxos. Segundo Murguía as castañas e o viño simbolizan a morte e a vida.