13 de novembro de 2017

A Xogar ao centro

Os luns e xoves de novembro e decembro queremos facer torneos de rápidas. Os luns no Sporting Club Casino da rúa real e os xoves en Artesanos.
Será as 19,30
Gratuito para os socios da entidade que acolle o Torneo e custo de 1 euro para o resto.
Haberá un pequeno detalle para o gañador de cada torneo.

10 de outubro de 2017

IMOS A MARIÑAN

O Pazo de Mariñán foi declarado Conxunto histórico artístico o 5 de outubro de 1972 e por tanto neste mes cumpre 45 anos con esta distinción.
En colaboración coa asociación Universitaria INCUDE iremos este sábado día 14 saíndo en autobús ás 16,00 dende o Centro Universitario de Riazor.
Un grupo forzosamente pequeno xa que o límite no interior é de so 25 persoas.
Agardamos que o tempo acompañe para visitar os xardins.
A cota da actividade é de 10 euros e os viaxeiros recibirán un pequeno lirbo que editamos hai anos sobre este Pazo.
Mais información no cartel.

2 de outubro de 2017

XADREZ NO SPORTING CLUB

A colaboración entre Palaestra e Sporting Club Casino para o curso 2017-2018 pretende a realización de diferentes torneos e actividades de xadrez ao longo de todo o ano.

No referente ás clases a idea é que funcionen os seguintes grupos:

* Sábados 12,00 (Zapateira): Rapaces con nocións de xadrez.
* Sábados 13,00 (Zapateira): Rapaces sen coñecementos de xadrez.

* Luns 19,00 (Rúa Real): Adultos.

Ademais os primeiros luns de cada mes teremos uns torneos amigables de partidas rápidas nos que o vencedor terá un trofeo como premio.

22 de agosto de 2017

COPA GONZALEZ MARCH

A piques de rematar o verán imos facer un novo torneo que buscará cada ano facer un torneo en homenaxe a xogadores da cidade.

Empezaremos por José González March, que foi a primeira persoa homenaxeada pola Federación Galega de Xadrez, dacordo coa sesión do 21 de xaneiro de 1935

... o delegado de Xadrez Club Coruña, di que tendo en conta os méritos xadrecísticos do vello afeccionado galego D. José González March contraídos na súa longa vida de xadrecista, polo seu gran entusiasmo, laboriosidade, constancia e sacrificio polo xadrez nas súas moitas alternativas, que lle levaron en moitas ocasións a organizar actos e concorrer a eles, para animalos coa súa presenza, a pesar de estar enfermo dalgún coidado, con prexuízo evidente da súa saúde. 

Nas mesmas condicións non tivo inconveniente en asistir e prestar a súa colaboración entusiasta a actos federativos celebrados fóra da súa residencia, algún deles en Vigo. Aceptou os cargos de Tesoureiro da Galega e da Española despois, tamén enfermo, e do seu paso polos mesmos deixou un ronsel de traballo e boa administración digna de exemplo.

Grazas ao seu labor constante púidose levar a cabo festivais de verdadeira importancia, servindo estes de base para propagar e propulsar o xadrez en gran extensión; temos proba diso na Coruña onde existen actualmente tres grupos federados debiendose isto en gran parte ao citado Sr. González March. Moito debe a cousa federativa ao Sr. González March.

Como xogador foi dos máis fortes que deu Galicia e se hoxe non se atopa en condicións de figurar en competicións de categoría é debido unicamente ao cansazo dos seus moitos anos e a súa pouca saúde. Son moitas as partidas xogadas por el que poderían porse como modelo de beleza e mestría.

Tendo en conta, como queda devandito, os mertísimos servizos prestados ao xadrez nas súas diferentes fases e actividades, o Xadrez Club Coruña propón soamente sexa nomeado socio de honra da Federación Galega de Xadrez D. José González March, testemuñándolle ao mesmo tempo a homenaxe da afección galega por medio dun album que subscribirán todos os xadrecistas de Galicia, servíndolle desta forma un modesto tributo de admiración e agarimo.

A esta proposición adhírense con gran entusiasmo todos os asembleístas.

Nome do Torneo: COPA GONZALEZ MARCH

Data: 2 de setembro de 2017.

Lugar: Sporting Club Casino - Instalacións da Zapateira.

Hora de inicio: 17,00.

Hora de entrega de premios aproximada: 19,30.

Sistema de xogo: Suízo a 5 roldas.

Desempates: A sortear tras a derradeira rolda.

Ritmo de xogo: 15 minutos a finish.

Categorías: Absoluta, Sub14, Sub12, Sub10 e Sub8.


Premios:

1º Clasificado de cada categoría: Trofeo.
2º Clasificado de cada categoría: Trofeo.
3º Clasificado de cada categoría: Trofeo.

Agasallo para todos os participantes.

Partcipantes: Máximo 100

Inscricións: Ata o venres 1 de setembro. Exclusivamente a través do formulario ligado:

PREME PARA INSCRIBIRSE

Cota: 3 euros.

Advertencia 1: Dacordo coa lexislación vixente é obrigatorio que o participante teña un seguro de accidentes. Por tanto para os non socios do Sporting Club Casino é obrigatorio contar con licencia federativa de xadrez. Se o xogador interesado non está federado debe informarse das posibles opcións na súa escola de xadrez ou no noso correo asociacion@palaestra.net. A cota federativa para menores de 14 anos é de so 3 euros ao ano.

Advertencia 2: Os participantes na proba autorizan a publicación dos sus datos persoais nos diferentes medios que a organización considere oportunos para a necesaria difusión do evento (resultados, clasificacións, participantes... etc.) así como a súa presencia nas fotos realizadas cos mesmos propósitos.

A participación leva aparellada a aceptación destas normas.

29 de maio de 2017

RESULTADOS TORNEO DE PRIMAVERA

TORNEO DE RAPIDAS DA XORNADA PREVIA

1 WALTER LOPEZ,   2200  5 8.0 5 15.0 13.5
2 PABLO ABOY,   1996  3.5 9.0 3 11.0 15.0
3 PEDRO DE UÑA,     3.5 8.0 3 11.0 13.5
4 JAVIER SEIJO,     3 8.5 3 9.0 14.5
5 ADOLFO MOSCOSO,   1600  3 7.0 3 8.0 10.5
6 MANUEL MIRAS,     3 5.0 3 7.0 7.5
7 VICENTE LOPEZ,   1600  2.5 9.5 2 9.0 16.5
8 ISIDORO GARCIA,   1600  2.5 7.0 2 9.0 13.0
9 ROBERTO BLANDON,   1200  2 9.5 2 7.0 15.5
10 ANGEL DE BLAS,     2 6.5 2 4.0 9.5
11 PABLO LEIS,     2 4.5 2 4.0 7.5
12 JOSE MANUEL ANDION,     1 7.5 1 4.0 13.0
13 OSCAR M. GONZALEZ,     1 6.5 1 2.0 9.5
14 NICOLAS RIVAS,     0 7.0 0 0.0 11.0

TORNEO DE PRIMAVERA CATEGORIAS SUB8 E SUB10

1 MARTIN VAZQUEZ,  2009 5 11.0 16.0 15.0
2 ANGELA CASTIÑEIRA,  2009 4 11.0 17.5 11.0
3 DAVID VISOS,  2009 4 11.0 17.0 13.0
4 MARCOS RIAL,  2009 3 10.0 16.5 11.0
5 JAVIER CARRO,  2009 3 10.0 16.5 10.0
6 NICOLAS RIVAS,  2009 2 12.5 19.0 9.0
7 ARTURO RIVAS,  2011 2 10.0 15.0 4.0
8 LAURA VAZQUEZ,  2011 1.5 10.5 15.5 4.5
9 ANTIA CARRO,  2008 1.5 9.5 14.0 3.0
10 VERONICA BELLO,  2008 1.5 8.5 12.5 4.0
11 ELENA CORBELLE,  2008 1.5 8.0 12.0 3.0
12 SABELA VARELA,  2008 1 8.0 14.5 2.5

TORNEO DE PRIMAVERA CATEGORIAS SUB12 E SUB14

1 NOA GARCIA-MUÑOZ,  2005 4 7.5 12.5 10.0
2 VERA GARCIA-MUÑOZ,  2005 4 7.5 10.5 10.0
3 FRANCISCO VENTOSO,  2006 3.5 8.5 13.5 11.5
4 PABLO CASTIÑEIRAS,  2003 3 10.0 14.5 9.0
5 ADRIAN ARNOSO,  2004 3 8.0 12.5 12.0
6 VICTOR PEDREIRA,  2004 3 7.5 11.5 11.0
7 JOEL ARMADA,  2005 3 7.5 11.5 10.0
8 LILA GIMENEZ,   3 5.0 7.5 6.0
9 OSCAR M. GONZALEZ,  2004 2.5 8.5 13.0 6.5
10 MARTIN ALONSO,  2006 2 10.0 15.0 7.0
11 MIGUEL ALVAREZ,  2006 2 8.5 12.5 7.0
12 LUCAS VILAS,  2006 1 8.5 14.0 4.0
13 DAVID FORMOSO,  2006 1 7.5 11.0 1.0
14 PAMELA ARRESE,  2006 0 7.5 12.5 0.0

TORNEO DE PRIMAVERA CATEGORIA ABSOLUTA

1 SERGIO GUERRERO,   5 8.0 13.5 15.0
2 PABLO LEIS,   4 7.5 12.0 11.0
3 DAVID VARELA,   3.5 6.5 13.0 11.5
4 PABLO ABOY,   3 9.0 15.5 11.0
5 EDUARDO X. GIMENEZ,   3 9.0 15.5 9.0
6 ADOLFO MOSCOSO,   3 7.5 12.0 8.0
7 LEONARDO GARCIA,   2.5 8.5 13.5 6.5
8 ROBERTO BLANDON,   2 9.0 15.0 8.0
9 EDUARDO GIMENEZ,   2 7.5 13.0 7.0
10 RAFAEL ARRESE,   2 7.5 11.5 5.0
11 VICENTE LOPEZ,   2 6.5 12.5 3.0
12 ISIDORO GARCIA,   2 4.5 10.0 7.0
13 MANUEL MIRAS,   1 6.5 11.0 3.0

18 de maio de 2017

TORNEO DE XADREZ DE PRIMAVERA


Nome do Torneo: TORNEO DE XADREZ DE PRIMAVERA

Data: 27 de maio de 2017.

Lugar: Centro Comercial Los Rosales. A Coruña.

Hora de inicio: 17,00.

Hora de entrega de premios aproximada: 19,50.

Sistema de xogo: Suízo a 5 roldas.

Desempates: A sortear tras a derradeira rolda.

Ritmo de xogo: 15 minutos a finish.

Categorías: Absoluta, Sub14, Sub12, Sub10 e Sub8.

Premios:

1º Clasificado de cada categoría: Trofeo.
2º Clasificado de cada categoría: Trofeo.
3º Clasificado de cada categoría: Trofeo.

Partcipantes: Máximo 80

Inscricións: Abertas dende o xoves 18 de maio ata o venres 26 de maio. Exclusivamente a través do formulario ligado:

Actividade complementaria: O venres 26 teremos ás 20,00 un torneo de partidas rápidas no mesmo lugar.

PREME PARA INSCRIBIRSE

Cota: Gratuito.

Advertencia 1: Os participantes na proba autorizan a publicación dos sus datos persoais nos diferentes medios que a organización considere oportunos para a necesaria difusión do evento (resultados, clasificacións, participantes... etc.) así como a súa presencia nas fotos realizadas cos mesmos propósitos.

A participación leva aparellada a aceptación destas normas.

2 de marzo de 2017

RESULTADOS TORNEO DE ENTROIDO

CATEGORIA SUB8


1 MARTÍN VÁZQUEZ IGLESIAS, Club Xadrez Regatas Perillo 5 8.5 14.0 15.0
2 JACOBO LÓPEZ TUÑAS, CIDU 4 9.0 16.5 13.0
3 NICOLÁS RIVAS DÍAZ, CIDU 4 7.5 13.5 12.0
4 BRAIS MACEIRAS GARCÍA, ALEXANDRE BOVEDA 3.5 7.0 14.0 10.0
5 ÁNGELA CASTIÑEIRA GONZÁLE, Club Xadrez Regatas Perillo 3 9.5 16.5 10.0
6 XOEL LORENZO LÓPEZ, ALEXANDRE BOVEDA 2.5 9.5 15.0 8.0
7 MARCOS RIAL LOPEZ, CIDU 2.5 8.0 12.5 5.0
8 ADRIAN ENRIQUE MARTÍNEZ P, ALEXANDRE BOVEDA 2.5 7.5 12.5 7.5
9 ADRIAN NIETO, ALEXANDRE BOVEDA 2.5 7.0 13.0 8.0
10 GAEL MARTINS GONZALEZ, ALEXANDRE BOVEDA 2.5 6.5 11.5 6.0
11 SAMUEL LOPEZ GUISADO, ALEXANDRE BOVEDA 2.5 6.5 11.0 7.0
12 IRENE ARMADA SANTOS, CIDU 2 7.0 11.5 8.5
13 ANTÓN PÉREZ PENA, ALEXANDRE BOVEDA 2 6.5 11.5 8.0
14 LENA LORENZO LÓPEZ, ALEXANDRE BOVEDA 2 6.0 10.5 5.0
15 GAEL LOSADA ABUÍN, ALEXANDRE BOVEDA 1.5 7.5 13.5 4.0
16 LAURA VÁZQUEZ IGLESIAS, ALEXANDRE BOVEDA 1 6.5 10.0 3.5
17 MANUEL RODRÍGUEZ LAGO, CIDU 1 6.0 9.5 3.0
18 MARÍA GÓMEZ FORJÁN, ALEXANDRE BOVEDA 1 5.0 8.5 1.5

CATEGORIA SUB10



1 DANIEL SANTOS, ALEXANDRE BOVEDA 5 9.0 13.0 15.0
2 PAULO ARIAS BLANCOS10, Club Xadrez Smyslov Sada 3 7.5 13.5 10.0
3 ROQUE TORRES NÚÑEZ, ALEXANDRE BOVEDA 3 7.5 13.0 10.0
4 PAULO ALVAREZ GARCIA, ALEXANDRE BOVEDA 3 7.5 13.0 9.0
5 ALEXANDRO MONTES DIRLAU, ALEXANDRE BOVEDA 3 7.0 12.5 7.0
6 ÁLVARO ÁLVAREZ MUIÑO, Club Xadrez Smyslov Sada 1.5 7.0 10.5 4.0
7 MANUEL GRAÑA FAJARDO, ALEXANDRE BOVEDA 1 7.5 13.0 3.5
8 MARTA PERIS REGO, CIDU 0.5 7.5 11.5 1.5

CATEGORIAS SUB12 E SUB14



1 MARCOS SANTOS, S12 ALEXANDRE BOVEDA 5 8.0 12.0 15.0
2 NOA GARCÍA-MUÑOZ PRIETO, S12 CASINO 3.5 7.5 14.5 10.0
3 HUGO COSTOYA HURTADO, S14 ALEXANDRE BOVEDA 3.5 7.5 12.0 8.5
4 GUILLERMO REGUEIRA PRATS, S12 ALEXANDRE BOVEDA 3 8.5 13.0 6.0
5 EDUARDO ALVAREZ REY, S14 Escuela Técnica de Ajedrez 3 8.0 15.0 10.0
6 XIAO LOSADA ABUÍN, S12 ALEXANDRE BOVEDA 3 8.0 14.5 10.0
7 VERA GARCÍA-MUÑOZ PRIETO, S12 CASINO 3 6.0 9.5 9.0
8 PEDRO QUILES TORRES, S12 ALEXANDRE BOVEDA 2.5 9.0 15.0 10.0
9 JULIO REGUEIRA PRATS, S14 ALEXANDRE BOVEDA 2.5 8.5 14.5 9.5
10 XABIER BARREIROS CAMISELL, S14 ALEXANDRE BOVEDA 2.5 8.5 14.0 8.5
11 NICOLÁS SANTIAGO GÓMEZ FO, S12 Clube de Xadrez Oroso 2.5 8.0 12.5 6.5
12 JIA LIN SONG, S14 ALEXANDRE BOVEDA 2 7.0 11.0 6.0
MIGUEL ALVAREZ VARELA, S12 CASINO 2 7.0 11.0 6.0
14 ALBA FREIRE CANDAME, S12 ALEXANDRE BOVEDA 1 7.5 13.5 2.0
15 DANIEL ROUCO RODRÍGUEZ, S12 CIDU 1 6.0 9.0 3.0

MELLORES DISFRACES


Roque Torres, Marta Peris e Adrian Enrqiue Martínez.foron, por esta orde os galardonados como mellores disfraces, ainda que houbo unha unha reñida competición neste aspecto e non só no xadrecistico.

18 de febreiro de 2017

Torneo de Entroido de Xadrez

Nome do Torneo: TORNEO DE XADREZ DE ENTROIDO

Data: 28 de febreiro de 2017.

Lugar: Sporting Club Casino - Rúa Real. A Coruña.

Hora de inicio: 17,00.

Hora de entrega de premios aproximada: 19,30.

Sistema de xogo: Suízo a 5 roldas.

Desempates: A sortear tras a derradeira rolda.

Ritmo de xogo: 15 minutos a finish.

Categorías: Sub14, Sub12, Sub10 e Sub8.

Premios:

1º Clasificado de cada categoría: Trofeo.
2º Clasificado de cada categoría: Trofeo.
3º Clasificado de cada categoría: Trofeo.

Trofeo para os tres mellores disfraces.

Partcipantes: Máximo 100

Inscricións: Abertas dende sábado 18 de febreiro a xoves 23 de febreiro. Exclusivamente a través do formulario ligado:

PREME PARA INSCRIBIRSE

Cota: 3 euros.

Cota ampliada: 8 euros (inclue un pequeno taboleiro de madeira como o que se ve na foto, que inclue xogo de xadrez, de damas, mikado e dominó).

Advertencia 1: Dacordo coa lexislación vixente é obrigatorio que o participante teña un seguro de accidentes. Por tanto é obrigatorio contar con licencia federativa de xadrez. Se o xogador interesado non está federado debe informarse das posibles opcións na súa escola de xadrez ou no noso correo asociacion@palaestra.net. A cota federativa é de so 3 euros ao ano.

Advertencia 2: Os participantes na proba autorizan a publicación dos sus datos persoais nos diferentes medios que a organización considere oportunos para a necesaria difusión do evento (resultados, clasificacións, participantes... etc.) así como a súa presencia nas fotos realizadas cos mesmos propósitos.

A participación leva aparellada a aceptación destas normas.

5 de xaneiro de 2017

Torneo FischerRandom

O sábado 7 de xaneiro celebraremos o noso Torneo de Xadrez FischeRandom.

O torneo tivo a súa primeira edición en 1995 e consiste en xogar coas pezas un pouco cambiadas.

A súa tradución sería xadrez aleatorio de Fischer pero é coñecido como xadrez 960.

Para ver mais mira aqui -Preme-

Nome do Torneo: TORNEO FISCHERRANDOM

Data: 7 de nadal de 2017.

Lugar: Centro Universitario de Riazor. A Coruña.

Hora de inicio: 17,00.

Hora de entrega de premios aproximada: 20,00.

Sistema de xogo: Suízo a 5 roldas.

Desempates: A sortear tras a derradeira rolda.

Ritmo de xogo: 15 minutos a finish.

Horario aproximado das roldas: 17,00 / 17,35 / 18,10 / 18,45 / 19,20.

Categorías: Absoluta.

Premios:

Trofeo para os tres primeiros clasificados.

Cota: 2 euros.

Advertencias:

1. En cumprimento da lexislación vixente para participar neste torneo hai que estar federado ou ben presentar un seguro de accidentes válido para a práctica deportiva.

2. Os participantes na proba autorizan a publicación dos sus datos persoais nos diferentes medios que a organización considere oportunos para a necesaria difusión do evento (resultados, clasificacións, participantes... etc.) así como a súa presencia nas fotos realizadas cos mesmos propósitos.

A participación leva aparellada a aceptación destas normas.

Inscrición: A través do seguinte formulario -Preme-