Durante uns poucos días de xullo iremos facendo visitas a diferentes sitios emblemáticos da cidade.
A idea é ir traballando nun programa para o vindeiro curso académico que axude aos non coruñeses que estudan na cidade a coñecer o mais emblemático da cidade.
E aproveitamos os poucos días que lle quedan por aqui a quen propuso a idea para empezar a darlle forma.
Sábado 19 de xullo: 17,30 no Castelo de San Antón.
Luns 21 de xullo: 18,00 na Torre de Hércules
E para rematar estas actividades, sen ter que ver con visitas culturais o luns 28 de xullo realizaremos unha proba de Carcasonne para ver opcións de cara a unha semana adicada a Xogos de Enxeño.