7 de outubro de 2011

Equipo conxunto de xadrez Sigrás e Palaestra

Tras varios anos xogando xuntos na categoría escolar parece que este ano por fin os xogadores de ambos equipos disputarán a liga xuntos. A idea é reunilos baixo o equipo da nosa sociedade, que se ben quedou a un posto de subir de división, a renuncia de outros clubes a participar na categoría que lles corresponde axudaría a esta opción. De concretarse no equipo estarían por parte de Palaestra Ayrton, Alex, Pedro e Patricia e por parte de Sigrás Sergio, Damian, José e Diego.
En poucos días esta posibilidade terá que ser confirmada para presentar as fichas á federación.

18 de setembro de 2011

Nova Actividade do Club de Lectura

O día 18 de setembro o Club de Lectura Brigantium, impulsado pola nosa sociedade, empezou unha nova actividade, chamada Libros viaxeiros.

Cada semana ata final de ano se irán facilitando libros co compromiso para o que os recolla de que o libro sexa comentado brevemente no blog e que despois de lido siga a súa viaxe de man en man.

O primeiro libro que estará a disposición esta semana (no Centro Universitario de Riazor) é El Color de la Magia, de Terry Pratchett.

Número Brigantium: 1
ISBN: 978-84-9989-284-9
Número BCID: 713-10156920 (ligazón a bookcrossing)
Idioma: castelán
Temática: Novela fantástica e ciencia ficción

Terry Pratchett, con máis de 40 millóns de libros vendidos, é o segundo autor de ficción con máis vendas despois de J.K. Rowling.

3 de setembro de 2011

Faleceu o Padre Silva

A Sociedade Cultural e Deportiva Palaestra mostra o seu pesar polo falecemento de Jesús Silva, o promotor de Benposta e do Circo dos Muchachos. Benposta xurdiu a finais da década dos cinconta, como unha cidade utópica para canalizar as inquietudes dos mozos ourensáns descontentos co ambiente do Ourense da ditadura.
Jesús César Silva, coñecido como o Padre Silva, faleceu ontes en Ourense, onde naceran él e os seus proxectos de Benposta, a chamada Nación de los Muchachos, e o famoso Circo dos Muchachos. Benposta era unha cidade utópica na que mozos xestionaban a súa propia cidade na que existía diñeiro propio e como un xeito de educar e formar aos máis desfavorecidos. Rapaces de todo o mundo chegaron a estas instalacións e hai quen di que pasaron por ali preto de 50.000 persoas.
A escola de acróbatas e o circo foron parte da política das técnicas de ocupación do tempo e tamén de finaciación desta actividade.
Benposta pechou as súas instalacións en Ourense no ano 2003 pola precaria situación económica e problemas cos políticos. A posible existencia de irregularidades nesta etapa final non escurece a labor deste home, especialmente cando as críticas chegaron de xente que nunca na súa vida fixo nada reseñable en favor dos demais.
O seu legado sigue intacto noutros países onde aínda existen organizacións baixo o nome de Benposta, desgraciadamente gran parte dos galegos descoñecen esta labor.

1 de agosto de 2011

Empezan as actividades lúdicas de Agosto

Suxerencias de actividades para a semana.
1 de agosto a 7 de agosto.

Luns a domingo.
Visitas ao Pazo de Mariñán.
Horarios: 11,00 a 14,00 polas mañás e 16,00 a 19,00 polas tardes.
Visitas ao interior ás 11,00; 12,00; 13,00; 16,00; 17,00 e 18,00
Entrada de balde

Luns a sábado.
Visitas ao Estadio de Riazor.
Horarios: 12,00; 300; 18,00 e 19,00 de luns a venres e ás 13,00 o sábado.
Entrada: 4 euros con agasallo dun pin do RCD.

Actividades por días:

Luns.
Empeza a recollerse os datos para crear a Asociación de Amigos de Mariñán.
O custo é de 5 euros e se regala un pequeño libro realizado dentro da Colección de Libros de Peto de Asencudega: “O interior de Mariñán”. Ao mesmo tempo empezará a funcionar o blog pazodemarinan.blogspot.com coas novas sobre a creación desta entidade e outras de interese para o Pazo.

Martes
Ás 19,30 abre a sede en Sada.
I Torneo de Dominó de 20,00 a 22,00 (de balde para os socios de Palaestra)

Mércores
Ás 14,30 abre a sede en Sada.
I Torneo de Carcasonne ás 17,00 (cota 1 euro).
Segundo o número de inscritos xa se verá como se organiza en horas e datas e outras actividades (incluíndo gastronomía)

Venres
- Ás 19,30 Centro Universitario de Riazor.
En vez de facer o típico torneo de Xadrez, realizaremos un Torneo de Tute, ata as 21,30
Cota de inscripción 1 euro

Sábado
AGOSTO EN CAMBRE 2011
O X Torneo Xadrez "Agosto en Cambre" celébrase na Polideportiva de Cambre.
O Torneo comezará coa presentación dos xogadores as 10.30 da mañá e rematará coa entrega de premios ás 20.00.
1ª Rolda: 10.45 - 2ª Rolda: 11.45 - 3ª Rolda: 12.40 - 4ª Rolda: 16.15 - 5ª Rolda: 17.05 - 6ª Rolda: 17.55 - 7ª Rolda: 18.45 - 20.00 Entrega de Premios
INSCRIPCIONS: GRATUITA Xogadores locales e xogadores sub-16. 3,00 € Resto.
As inscricións poderanse realizar por e-mail a escolaxadrezsigras@hotmail.com

14 de marzo de 2011

As discendum nos delectamus

Coa posta en marcha do espazo palaestra.info, a Sociedade crea un novo blog que será un pouco un caixón de sastre, para meter contidos de todo tipo, que poidan ter algunha relación coas actividades desenvoltas pola Sociedade Cultural e Deportiva Palaestra.