14 de marzo de 2011

As discendum nos delectamus

Coa posta en marcha do espazo palaestra.info, a Sociedade crea un novo blog que será un pouco un caixón de sastre, para meter contidos de todo tipo, que poidan ter algunha relación coas actividades desenvoltas pola Sociedade Cultural e Deportiva Palaestra.

1 de marzo de 2009

Directiva

XUNTA DIRECTIVA

O 31 de outubro de 2014 foi escollida esta directiva que ven sendo renovada dende entón. A última vez en 2023, polo que o seu mandato remataría no 2027.

Presidente:
Ernesto Pérez Ramil

Vicepresidente:
Jose Alberto Ortega Correas

Secretario Xeral:
Diego Medín Babío

Tesoureiro:
Luis Rodríguez Díaz

Vogal:
Daniel Codesido Sánchez

1 de febreiro de 2009

Paxinas e redes

A Sociedade Cultural e Deportiva Palaestra mantén diversas páxinas e espazos en internet.

Páxina principal. O espazo oficial da nosa entidade co dominio mais antigo. Mais de 20 anos de actividade, nacido sobre todo na época da actividade forte en béisbol. 
www.palaestra.net

Espazo de Cultura. Un pouco de cultura, música, lectura... Outro espazo veterán en internet que leva o nome do local que ocupamos durante anos; o Club Brigantium.

Espazo de efemérides e historia familiar. Dende hai anos funciona este sitio que suministra dados da historia e que chamamos noutrora. Dende 2023 tamén recolle o proxecto de fomentar as historias familiares; as árbores xenealóxicas.

Espazo de xadrez e xogos. O noso sitio para xadrez e xogo ven funcionando dende hai mais de dez anos. En 2023 empeza a operar con outro dos dominios da asociación que case non tiña uso.

Temos en internet outros dous dominios en proceso de reforma; www.palaestra.es dun proxecto en castelán agora mesmo detenido e www.palaestra.org que no seu día reservouse para a futura fundación e que en principio recolle novas similares a www.palaestra.net

Redes sociais

Podes seguirnos en


Actualizado agosto 2023