7 de outubro de 2011

Equipo conxunto de xadrez Sigrás e Palaestra

Tras varios anos xogando xuntos na categoría escolar parece que este ano por fin os xogadores de ambos equipos disputarán a liga xuntos. A idea é reunilos baixo o equipo da nosa sociedade, que se ben quedou a un posto de subir de división, a renuncia de outros clubes a participar na categoría que lles corresponde axudaría a esta opción. De concretarse no equipo estarían por parte de Palaestra Ayrton, Alex, Pedro e Patricia e por parte de Sigrás Sergio, Damian, José e Diego.
En poucos días esta posibilidade terá que ser confirmada para presentar as fichas á federación.

18 de setembro de 2011

Nova Actividade do Club de Lectura

O día 18 de setembro o Club de Lectura Brigantium, impulsado pola nosa sociedade, empezou unha nova actividade, chamada Libros viaxeiros.

Cada semana ata final de ano se irán facilitando libros co compromiso para o que os recolla de que o libro sexa comentado brevemente no blog e que despois de lido siga a súa viaxe de man en man.

O primeiro libro que estará a disposición esta semana (no Centro Universitario de Riazor) é El Color de la Magia, de Terry Pratchett.

Número Brigantium: 1
ISBN: 978-84-9989-284-9
Número BCID: 713-10156920 (ligazón a bookcrossing)
Idioma: castelán
Temática: Novela fantástica e ciencia ficción

Terry Pratchett, con máis de 40 millóns de libros vendidos, é o segundo autor de ficción con máis vendas despois de J.K. Rowling.

3 de setembro de 2011

Faleceu o Padre Silva

A Sociedade Cultural e Deportiva Palaestra mostra o seu pesar polo falecemento de Jesús Silva, o promotor de Benposta e do Circo dos Muchachos. Benposta xurdiu a finais da década dos cinconta, como unha cidade utópica para canalizar as inquietudes dos mozos ourensáns descontentos co ambiente do Ourense da ditadura.
Jesús César Silva, coñecido como o Padre Silva, faleceu ontes en Ourense, onde naceran él e os seus proxectos de Benposta, a chamada Nación de los Muchachos, e o famoso Circo dos Muchachos. Benposta era unha cidade utópica na que mozos xestionaban a súa propia cidade na que existía diñeiro propio e como un xeito de educar e formar aos máis desfavorecidos. Rapaces de todo o mundo chegaron a estas instalacións e hai quen di que pasaron por ali preto de 50.000 persoas.
A escola de acróbatas e o circo foron parte da política das técnicas de ocupación do tempo e tamén de finaciación desta actividade.
Benposta pechou as súas instalacións en Ourense no ano 2003 pola precaria situación económica e problemas cos políticos. A posible existencia de irregularidades nesta etapa final non escurece a labor deste home, especialmente cando as críticas chegaron de xente que nunca na súa vida fixo nada reseñable en favor dos demais.
O seu legado sigue intacto noutros países onde aínda existen organizacións baixo o nome de Benposta, desgraciadamente gran parte dos galegos descoñecen esta labor.