Os martes de xadrez terán agora as partidas mais lentas, de feito unha diaria, para que os asistentes poidan adestrar para a Liga Galega de Xadrez que se celebrará a partir do sábado 15 de febreiro.
Os xogadores tamén anotarán as partidas para comentar posibles erros nas sesións seguintes. Todos os martes haberá unha pequena explicación de 19,00 a 19,15 e posteriormente disputaremos a rolda diaria.
TORNEO DE XADREZ DE LENTAS XANEIRO
Sistema suizo a 5 roldas.
Ritmo das partidas: 45 minutos por xogador
Días de xogo:
Xaneiro: 9, 16, 23 e 30 / Febreiro: 6
Xaneiro: 9, 16, 23 e 30 / Febreiro: 6
Horario das partidas: 19,15 en adiante.
Emparellamentos: Dado que está dentro da actividade dos Martes de Xadrez no que a prticipación varía dunha semana para outra os emparellamentos de cada rolda se realizarán cinco minutos antes do inicio de cada rolda cos xogadores presentes nese momento.
Participación: Aberta a tódolos interesados teñan ou non licencia federativa ou vaian ou non xogar a Liga. Admitiranse novos xogadores ao longo de todo o torneo sempre que cumplan o exposto no apartado anterior.
Cota: De balde. A actividade está dentro da programación da nosa escola gratuita co apoio da Deputación da Coruña.
Premios: Haberá un trofeo para o vencedor final.
Ademais queremos animarvos a ser socios de Palaestra (son só 10 euros por curso) de xeito que imos darlle un pequeno agasallo a todos os socios por cada punto que logren (ademais dos que xa damos ao facerse socio). O mellor socio nos torneos que celebremos no Centro Comercial Palaestra ata o 31 de agosto recibirá tamén un trofeo.

Ningún comentario:
Publicar un comentario