6 de decembro de 2021

X TORNEO DE NADAL

X XADREZ DE NADAL


Grazas á Deputación da Coruña e ao Centro Comercial Los Rosales presentamos un ano mais o Torneo de Nadal.

Como xa pasou o ano pasado a COVID marca este torneo, co que chegamos á décima edición do torneo. O cambio fundamental neste ano é que o torneo será sub12 (para nados en 2009 ou seguintes).

A actividade ten a condición de adestramento / partidas amistosas federadas, polo que é obrigatoria contar coa licenza federativa de 2021.

1. Participantes.
Poderán participar nesta proba os xadrecistas que naceran en 2009 ou seguintes. Haberá un máximo de 32 xogadores. Estarán divididos por categorías pero en función do número de inscritos poderán xogar nun mesmo grupo.

2. Modalidade.
Partidas en sistema suizo en 6 roldas.

3. Ritmo de xogo.
Haberá 20 minutos de tempo por xogador. A criterio do árbitro podería non colocarse reloxo nas partidas ou ao principio das mesmas.

4. Lugar. 
Centro Comercial Los Rosales. Planta Alta

5. Data e horario.
SABADO 11/12/2021 
1ª Rolda: 11,30 / 2ª Rolda: 12,15 / 3ª Rolda: 13,00 
4ª Rolda: 17,00 / 5ª Rolda: 17,45 / 6ª Rolda: 18,30 

6. Premios.
Recibirán trofeo os tres mellores de cada categoría.
Sub12 (2009-2010) Sub10 (2011-2012) Sub8 (2013 ou seguintes)
Ademais todos os participantes recibirán unha medalla e unha máscara de protección COVID.

7. Inscricións.
A inscrición é de balde.
Solicitamos a entrega de alimentos non perecedeiros.
Se non estás federado o Centro Comercial Los Rosales ofrece a posibilidade de pagar a ficha federativa. De ser este o caso escribide a asociacion@palaestra.net para realizar a federación no noso club.

Advertencia 1: Os participantes (ou os seus tutores) autorizan a publicación dos sus datos persoais nos diferentes medios que a organización considere oportunos para a necesaria difusión do evento (resultados, clasificacións, participantes... etc.) así como a súa presencia nas fotos realizadas cos mesmos propósitos.

Advertencia 2: Os participantes recibirán un correo confirmando a inscrición co documento de aceptación de risco dacordo cos protocolos anti-COVID presentes na páxina da Federación Galega de Xadrez.

ASPECTOS ESPECIAIS POLA COVID
Será de aplicación a normativa de prevención antiCOVID de adestramentos da Federación Galega de Xadrez. As seguintes normas tamén serán de aplicación en tanto complementan algunhas das anteriores e non as limitan. 
1. É obrigatorio levar posta unha máscara en todo momento. Non estará permitido comer ou beber na sala de xogo. 
2. É obrigatorio o uso do xel na entrada da sala. Así mesmo deberá usarse sempre que as mans entren en contacto con superficies non desinfectadas e especialmente tras tocar as pezas manipuladas anteriormente polo rival (no caso das capturas). É aconsellable que cada xogador leve un frasco de xel.
3. Tamén será obrigatorio o uso da alfombra desinfectante que se coloque á entrada sa Sala de Xogo.
4. Os xogadores non permanecerán na sala de xogo mais tempo do necesario para xogar a partida. Polo tanto non haberá análise posterior. Tampouco poderán pasear pola sala.
5. Os xogadores non deberán darse a man ao inicio ou fin da partida. 
6. Antes de entrar na sala medirase a temperatura dos participantes.
7. Os aspectos aqui expostos poden verse complementados, antes e durante o torneo co fin de garantir na medida do posible unha actividade segura.

PREME PARA ANOTARSE

Ningún comentario:

Publicar un comentario