12 de outubro de 2021

ADESTRAMENTOS DE XADREZ

ADESTRAMENTOS ATA FINAIS DE 2021


Este novo curso 2021-2022 empezou cun destacado éxito na nosa escola do Sporting Club Casino e tentaremos consolidar a actividade no C.C. Los Rosales, iniciada no curso pasado.

Para os interesados será obrigatorio ser socio de Palaestra. 
É un pago único de 10 € e o periodo de asociación remata o 31/08/2022. 
Cada anotado recibirá:
* Camiseta con motivos de xadrez.
* Máscara hixiénica con motivo de xadrez.
* Libro de xadrez con mates básicos.

Tamén será Obrigatorio contar coa ficha federativa na Federación Galega de Xadrez.
Recomendamos facelo co CIDU www.xadrezuniversitario.org. Hai a opción de anotarse para xogar a liga (custo anual 25€) ou so para estas actividades cun custo de 12€ (3€ até 14 anos). Outra posibilidade é federarse co Sporting Club Casino, caso de ser socio. 
Importante: O periodo de validez da ficha federativa é por ano natural, así que en caso de federarse de novo a ficha ten vixencia ate o 31/12/2021.

Actividade proposta no Centro Comercial Los Rosales. 
Buscamos manter grupos pequenos coma no pasado, cun máximo de 6 asistentes. 

Grupo A: Xoves de 17,30 a 18,30. Iniciación. 
Grupo B: Xoves de 18,30 a 20,00. Xogadores con experiencia.

--> Se hai demanda doutros días e horarios estudiaremos a posibilidade de facelos.

Días de actividade: 
Outubro: 14, 21 e 28 / Novembro: 4, 11, 18 e 25 / Decembro: 2, 9 e 16

Custo da actividade outubro-decembro:
45 € para o grupo de 1 hora.
60 € para o grupo de hora e media.

Lembramos novamente que hai que engadir a cota de federación para aqueles que non estiveran federados en 2021 e a cota 2021-2022 da S.C.D. Palaestra.

Actividade presencial - Actuación COVID.
É obrigatorio o uso da máscara. Será de aplicación o protocolo da Secretaría Xeral para o Deporte e Federación Galega de Xadrez sobre medidas de prevención ante a COVID.

Os interesados deben anotarse no formulario e facer os pagos oportunos na conta que se comunique por whatsapp.




Ningún comentario:

Publicar un comentario