Marca o inicio da metade iluminada do ano. Festividade dedicada ao deus Belenos, divindade da luz e o lume. Nesta festividade era coroada a raíña de maio. Acendíase unha gran fogata e se brincaba sobre ela para lograr fertilidade, saúde e boa sorte durante o ano. Beltane era o comezo da actividade interrompida dende Samhain polo inverno. Para os pobos celtas as celebracións máis importantes eran as que se "cruzaban" entre os solsticios e os equinoccios. Tratábase de Samhain (novembro), Imbolc (febreiro), Beltaine (maio) e Lugnasad (agosto). Dentro destas, as dúas nas que "nacen" as dúas principais estacións eran as festas maiores: Samhain como comezo do inverno e Beltaine como comezo do verán.
Bealtaine marcaba o comezo do verano pastoral cando as manadas levábanse aos pastos de verano. En irlandés moderno Mi na Bealtaine (Mes de Bealtaine) é o nome de maio, abreviado ás veces simplemente a Bealtaine. Unha das actividades consistía en prender fogueiras nas montañas e ladeiras (O día amarelo de Bealltain). Unha noite de lumes, na que os nosos antergos pasaban tanto eles como o seu gando por entre o fume nun rito de limpeza e purificación ("afumar o gando" decíase na Galicia que facía isto por San Xoán e en Irlanda nesta data).
Pola mañá cedo levantábanse canto antes para lavarse co orballo, até fregábanse espidos coa herba para impregnarse deste. En Galicia -en San Xoán- a xente ía á fonte para ser a primeira en beber ese día e tomar “a flor da auga”. Ademais collíase o chamado “lume novo” para as casas. O rocío que se recollía nas mañás de Beltaine tamén se almacenaba, co fin de utilizalo en posteriores rituais. Nalgunhas tribos celtas dispoñíase neste tempo duns días de liberdade sexual, nos cales formábanse parellas novas a proba, que duraban ata o seguinte Beltane, data na cal renovábanse os votos ou terminaban separándose.
En Galicia asociada aos Maios celebrabase unha recollida nocturna nos campos de cultivo con fachos chamados Fachucos, as cinzas dos cales eran esparcidas pola terra. Dise que foi nesta festividade cando os descendentes de Breogán embarcaron cara a Irlanda.
En Alemaña reuníanse as bruxas. Na Galia era a festa dos druídas no Bosque dos Carnutos no centro do país, o mesmo que no embigo de Irlanda. Do mesmo xeito que na novela post-celtica "O Señor dos Aneis", o folklore ruso documenta unha "marcha das árbores" para esta noite máxica, pola que "todas as árbores, as flores, os arbustos e os seres verdes teñen a posibilidade de camiñar a condición de estar de regreso á mañá seguinte e na súa mesmo sitio".
En Europa Central e Norte celebran a Noite de Walpurgis, coñecida como a noite de bruxas, tamén prenden fogueiras para renovar co fume aos pobos e aos seus habitantes. Nesta época de transición equinoccial era costume que se xuntasen as bruxas e homes lobos, segundo lendas.
Durante a Antigüedade e a Idade Media hai que evitar casar en maio porque durante ese período córrese o risco de contraer matrimonio cunha aparecida ou cunha muller enmeigada do Outro Mundo.
Durante a Noite de Walpurgis de 1776 Adam Weishaupt creou nos bosques bávaros aos Illuminati.
Nas novelas de Harry Potter (de J. K. Rowling) un grupo de feiticeiros escuros e antigos mortífagos, orixinalmente chamábanse os cabaleiros de Walpurgis (the knights of Walpurgis), (un obvio xogo de palabras con Walpurgis night), pero logo pasaron a chamarse “Mortífagos" (seguidores de Lord Voldemort).
Ningún comentario:
Publicar un comentario